IGUALDADE
O 40% dos mozos e o 25% das mozas adolescentes identifican os celos co amor nas relación de parella
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe un estudo elaborado polo Observatorio de Igualdade de Xénero no que se analizan as violencias machistas na adolescencia temperá. Na rolda estivo acompañada de Tania Merelas, doutora en Ciencias da Educación e especialista en Xénero e Políticas de Igualdade.
ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa 32: unha edición de escándalo
Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo segunda edición do festival Cineuropa. Ao redor de 300 filmes incluídos en 21 seccións, nun certame que medra este ano en proxeccións e espazos de exhibición, e que mantén a aposta pola calidade cinematográfica dos anos anteriores. Será o filme La noche de 12 años, do realizador montevideano Álvaro Brechner, o escollido para a apertura desta edición nunha sesión inaugural que terá lugar o mércores 7 de novembro,.../em>
ESPAZOS CIDADÁNS
O Pleno debaterá en novembro o borrador do Plan Especial e a primeira versión do Plan de Xestión da Cidade Histórica
O Goberno local levará ao Pleno do mes de novembro o borrador do Plan Especial e o seu documento de avaliación ambiental, así como a primeira versión do Plan de Xestión da Cidade Histórica. De seren aprobados, pasarán a exposición pública por un prazo de dous meses.
CONSORCIO
A Casa do Cabido inicia o seu horario de inverno
Coincidindo co cambio de hora, o museo da Casa do Cabido, na praza das Praterías, inicia mañá xoves, 1 de novembro, o seu horario de inverno. O museo abrirá as súas portas de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes (ata agora era de 17:00 a 21:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido permanece pechada ao público.
SOLIDARIEDADE
Persoal do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña remata as Vacacións con Traballo en África
Unha técnica do Concello de Santiago de Compostela e un funcionario da Deputación da Coruña levan un mes en Cabo Verde e Mozambique, respectivamente, colaborando cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais e provinciais socias da entidade. A especialista en turismo remata esta semana a súa estadía na Cámara Municipal de Santa Cruz, mentres que o informático colaborará...
CENTROS CÍVICOS
O barrio de Conxo celebra unha nova edición da súa Festa das Cabazas
O barrio de Conxo, fiel á súa cita co Samaín, celebra unha nova edición da Festa das Cabazas, organizada pola Comisión das Festas Tradicionais de Conxo, da que participa o seu centro cívico. Este sábado 3 de novembro haberá actividades para nenos e nenas, magosto, música e ata unha procesión de ánimas.