ACCIÓN CULTURAL
O XXIII Festival Galicreques ofrecerá máis de 50 funcións da man de 23 compañías internacionais procedentes de Arxentina, Colombia, México ou Portugal
O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, celebrará a súa 23ª edición entre o 13 e 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que, con máis de 50 funcións repartidas pola cidade, contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela un total de 23 compañías procedentes de Arxentina, Brasil, Portugal ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado. Así o explicou hoxe o director...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno destina máis de 630.000 euros a convenios con entidades sociais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a sinatura de cadanseu convenio con vinte entidades sociais, aos que se destinarán un total de 632.000 euros. Ademais, recibiron luz verde as subvencións para actividades de fomento da igualdade das mulleres e do colectivo LGTBI, que supoñen unha contía total de máis de 22.000 euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os centros escolares profundizarán na figura de Federico García Lorca cunha unidade didáctica
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe unha nova unidade didáctica elaborada polo Concello co gallo do 25 de outubro, día no que Federico García Lorca chegou a Compostela. Na rolda estivo acompañado polo autor dos textos da unidade e editor, Henrique Alvarellos.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a instalación da nova sinalización do rural
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato para a instalación de nova sinalización vertical no ámbito rural de Compostela. Trátase dunha proposta xurdida ao abeiro dos Orzamentos Participativos Compostela Decide, á que se van destinar máis de 50.000 euros.
CENTROS CÍVICOS
Ampliado o prazo de preinscrición nas actividades dos Centros Cívicos
A concellería de Centros Cívicos vén de acordar unha ampliación do prazo de preinscrición nas actividades da rede, ata o próximo día 18 de outubro. Deste xeito, preténdese facilitar a realización do trámite por parte da veciñanza, tendo en conta a ponte festiva.
ALCALDÍA
O alcalde participa no Día do Camiño Primitivo no San Froilán
O alcalde de Santiago participou no día de hoxe nos actos que organizou o Concello de Lugo para celebrar o Día do Camiño Primitivo, no marco nas festas do San Froilán. Martiño Noriega foi recibido na Casa do Concello xunto aos alcaldes e alcaldesas dos concellos polos que pasa o Camiño Primitivo. Alí reivindicou "o peso específico e a importancia desta ruta, que é un impulso económico para a vilas polas que pasa".