ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello segue dando pasos na implantación do proxecto europeo Smarter Together
Santiago é cidade "seguidora" no programa, e acollerá un encontro de socios no mes de outubro
ALCALDÍA
Un grupo de estudantes italianos visitan o Pazo de Raxoi
Están a participar nun programa de intercambio co alumnado do IES Eduardo Pondal.
TURISMO
Música, gastronomía e eventos para todos os públicos centran a programación para esta Semana Santa 2017
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá a programación que o Concello ten prevista para esta Semana Santa, acompañada polo representante da Xunta de Confrarías, Salvador Forján. Neste 2017 vólvese apostar por dous programas que tiveron grande éxito o ano pasado como "Santiago, paixón doce" e "De lugares e órganos".
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade pon en valor o baixo índice de delincuencia nas 15 cidades
A presidenta do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado, e o vicepresidente do Grupo e alcalde de Ávila, José Luís Rivas, mantiveron unha reunión de traballo co Secretario de Estado de Seguridade, José Antonio Nieto.
ALCALDÍA
O Goberno require un informe sobre a tramitación administrativa do expediente da Sala Malatesta
O executivo local quere aclarar a cronoloxía do expediente. Así mesmo, para evitar accesos aos expedientes sen supervisión técnica, realizarase unha auditoría sobre as consultas.
CONSORCIO
O 8 de maio remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas na cidade histórica
O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.
ALCALDÍA
Concentración de repulsa polo atentado de Londres
A Praza do Obradoiro acolleu este mediodía unha concentración de repulsa polo atentado que onte lle custou a vida a catro persoas en Londres.
CONSORCIO
Maximino Zumalave dirixe este sábado un concerto dos alumnos de especialización instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais xunto a rapaces dos conservatorios galegos
A cita será no auditorio do centro, ás 20:00 horas, e as entradas son gratuítas ata completar aforo.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O alcalde preside a reunión do Consello de Relacións Veciñais
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu na tarde de onte unha xuntanza do Consello de Relacións veciñais que tiña como principal obxectivo presentar os orzamentos municipais de 2017, xa aprobados de forma definitiva.
EDUCACIÓN
Manuel Dios participa en Bragança nun seminario de intercambio de experiencias na educación
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participa durante o día de hoxe nunha xornada organizada polo Grupo de Traballo de Educación do Eixo Atlántico, nun seminario de intercambio de experiencias no eido educativo.