POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández participa na entrega de diplomas dos cursos realizados por Cáritas durante o 2016
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asistiu esta mañá á entrega de diplomas das accións formativas que Cáritas levou a cabo durante o pasado 2016 coa colaboración da Fundación Reale, da Xunta e do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O Concello colabora na homenaxe ao sociólogo Fermín Bouza Álvarez
Somos Ferministas é o título da homenaxe que o sociólogo compostelán Fermín Bouza Álvarez recibirá este próximo domingo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou o acto acompañado de Xosé Manuel Pereiro, director da revista Luzes, coorganizadora do evento.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este martes unha vítima en Súria (Barcelona).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha sesión de lecturas dramatizadas
O Centro Sociocultural de Conxo acollerá o sábado, a partir das 12.30 horas, unha sesión de lecturas dramatizadas dos textos teatrais feitos polos alumnos do obradoiro de dramaturxia impartido por Roi Vidal durante o último trimestre de 2016. Deste xeito, bótaselle o peche a esta actividade, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello.
CONSORCIO
O Consorcio e Galaxia publican un libro e un CD con cancións dedicadas á cidade con fins solidarios
Baixo o título Santiago invisible, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un proxecto fotográfico, literario e musical centrado na cidade de Santiago e cuxos beneficios se destinarán ao Fondo de Emerxencias de Médicos Sin Fronteras. A publicación preséntase esta tarde na Fundación Granell, ás 19:30 horas. Ao acto asistirá o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de publicacións do...
CONSORCIO
A RFG estrea unha obra da compositora serbia Isidora Zebeljan, que se desprazou a Santiago para seguir os ensaios e asistir ao concerto
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia. O primeiro será mañá xoves, 9 de febreiro, ás 20:30 horas.
EQUILIBRIO TERRITORIAL
Comezan as obras de mellora das rúas Picaños, A Estrada e Santas Mariñas
Esta mañá comezaron as obras de mellora das rúas Picaños, Estrada e Santas Mariñas, unha actuación na que se van investir 300.000 euros. Os traballos afectaranlle tanto ao pavimento da calzada como ás beirarrúas, e teñen un prazo de execución de dous meses.