MOCIDADE
En marcha a primeira programación do Centro Xove de Creación Cultural
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles da primeira programación do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, correspondente ao primeiro semestre do ano. Todas as actividades son de balde.
ALCALDÍA
Asinado o protocolo para a mellora das entradas dos Camiños de Santiago no termo municipal
O alcalde, Martiño Noriega; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinaron esta mañá o protocolo de colaboración para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago no termo municipal de Compostela. Foi nun acto celebrado no Museo das Peregrinacións, no que Concello e Xunta recoñeceron que o acondicionamento dos tramos...
ALCALDÍA
O alcalde recibe unha representación de Special Olympics Galicia
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá a unha delegación de Special Olympics Galicia, formada polo seu xerente, Antonio Fuentaja; a súa directora técnica, Eunice Mosquera, e o seu tesoureiro, Javier García. Foi un encontro solicitado pola entidade, para lle presentar ao rexedor a memoria de actividades do ano 2016 e solicitar a colaboración do Concello para as actividades que están organizando de cara a este ano.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Atlántica celebra cinco anos con actuacións en toda Galicia
O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa quinta edición, que se vai celebrar entre os días 15 e 19 de marzo. A presentación tivo lugar este mércores, 15 de febreiro, nunha rolda de prensa que tivo lugar no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela e na que participaron representantes dos concellos que este ano apoian o festival. Así, na rolda estiveron Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago de Compostela; Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura,...
CONVIVENCIA
A Policía Local busca a un condutor que se deu á fuga tras provocar un accidente na avenida de Barcelona
A Policía Local busca a un condutor que se deu á fuga tras provocar un accidente na avenida de Barcelona, a semana pasada.