PATRIMONIO
As cidades Patrimonio da Humanidade debateron en Alemaña sobre novas vías de conservación e promoción
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, entre as que está Santiago de Compostela, participou no III Encontro Europeo de Asociacións de Patrimonio Mundial, celebrado en Lübeck (Alemaña). A este evento sumáronse cen representantes de asociacións e bens do Patrimonio Mundial chegadas de 15 países. A organización do Encontro correu a cargo da Asociación Alemana de Bens Patrimonio Mundial, o Comité Alemán da Unesco e o Concello de Lübeck.
ACCIÓN CULTURAL
Novo curso para a Escola de Música Popular Avanzada de aCentral Folque
O proxecto docente co que naceu aCentral Folque hai máis de quince anos (daquela baixo o nome de Conservatorio de Música Tradicional e Folque) abre un ano máis as súas aulas. Agora denominado Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA), ofrece un lugar para a aprendizaxe, a práctica e a relación arredor da música de raíz galega cun enfoque contemporáneo e aberto. A concelleira de Acción Cultural, Branca Nonoveyra presentou esta mañá na Casa do Concello o programa do novo curso en compaña de Marcos...
ADMINISTRACIÓN
O Concello aproba dez novas prazas da oferta de emprego público de 2016
O Concello de Santiago vén de aprobar recentemente as bases para oferta de emprego por oposición libre de persoal administrativo e persoal para o servizo de extinción de incendios. Nos próximos días serán publicadas no BOP e o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais dende o día seguinte a súa publicación.
MOCIDADE
Os grupos musicais de Compostela contarán con novos locais de ensaio no Centro Xove da Almáciga
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou as obras para a habilitación de locais de ensaio no Centro Xove da Almáciga. O obxectivo destes traballos, que xa comezaron hai uns días, é ofrecer un lugar de ensaio de calidade para as bandas e grupos de Santiago, que actualmente ensaian nas instalacións do Estadio de San Lázaro. Prevese que os novos espazos estean listos nun mes e medio.
TURISMO
Santiago viviu no 2017 a mellor temporada baixa dende o Ano Santo 2010
O Auditorio de Galicia acolleu unha nova xuntanza do renovado Consello Municipal de Turismo. Na orde do día tratáronse tres puntos destacados: análise dos principais resultados turísticos do 2017, presentación das principais liñas de traballo para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022, e presentación por parte do catedrático Luis Caramés do seu informe sobre a Taxa Turística.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos dedicados á música española
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá esta semana dous concertos. O primeiro celebrarase mañá martes no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. E o mércores, tamén ás 20:30 horas, a orquestra tocará en Santiago, na súa sede, o Auditorio de Galicia. A batuta de ámbolos dous concertos levaraa o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da agrupación.
CONSORCIO
Continúa aberto ata o 23 de outubro o prazo de solicitude das axudas para obras no exterior dos edificios da cidade histórica
No marco do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, o Consorcio de Santiago vai destinar un total de 150.000 euros. O prazo para presentarse a estas axudas remata o vindeiro 23 de outubro.
BENESTAR ANIMAL
Publicadas as bases do proceso selectivo do persoal directivo e veterinario do Refuxio de Bando
O Boletín Oficial da Provincia publica es luns as bases para o proceso selectivo da dirección e do persoal veterinario do Refuxio de Animais de Bando, aprobadas no Padroado da entidade celebrado o 30 de agosto. As solicitudes poderanse presentar no prazo de trinta días.
MEDIO AMBIENTE
Tallada a árbore do parque de Fonseca que presentaba risco de derrubamento
Esta mañá foi tallada a árbore do parque de Fonseca que corría risco de derrubamento polo seu mal estado, e que obrigou a manter este espazo pechado ao público nas últimas semanas.