POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción ás persoas participantes no IV Encontro de Economía Social para Novos Investigadores
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asistiu á inauguración do IV Encontro REJIES, para novas e novos investigadores en Economía Social, celebrada na Facultade de Ciencias Políticas. As persoas participantes no encontro REJIES foron recibidas posteriormente pola propia concelleira no Pazo de Raxoi.
POLÍTICAS SOCIAIS E MOCIDADE
Catro novos murais de arte urbana recuperan espazos de Compostela
As concelleiras de Políticas Sociais, Concha Fernández, e de Mocidade, Noa Morales, visitaron este martes dous dos catro novos murais elaborados durante as últimas semanas na nosa cidade, dentro da II edición de Muralismo en Compostela.
MEDIO AMBIENTE
Concello, Hostalería e Compostela Inserta únense para a recollida de aceite vexetal usado
A Concellaría de Medio Ambiente, a Asociación Hostalería Compostela e a empresa de inserción laboral Compostela Inserta asinaron este martes un convenio de colaboración para a recollida de aceites usados na hostalería. Para difundir esta campaña repartirase entre os hostaleiros e hostaleiras unha serie de documentos para concienciar sobre a necesidade da reciclaxe deste tipo de residuos.