XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación das cubertas portantes para os parques infantís de Fontiñas e Castiñeiriño
A Xunta de Goberno acordou este venres a apertura do procedemento de adxudicación das cubertas portantes para as áreas de xogo infantís de Fontiñas e Castiñeiriño. O proxecto ten un tipo licitación de case 200.000 euros, IVE incluído.
POLÍTICAS SOCIAIS
Ategal comeza o novo curso de formación para adultos
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou na inauguración do curso 2017-2018 da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente para Adultos (Ategal). No acto tamén interviñeron Miguel Ángel Valero Duboy, director do Ceapat (Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas) do Imserso; Ángel Fagilde, presidente de Ategal, e Rafael Romero, presidente honorífico da asociación. A cerimonia serviu de avance das actividades de celebración dos 40 anos de Ategal en...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno resolve a primeira convocatoria de axudas de cooperación ao desenvolvemento
A Xunta de Goberno resolveu hoxe a primeira convocatoria das subvencións de cooperación ao desenvolvemento, impulsada dende a Concellaría de Políticas Sociais. Serán tres entidades as beneficiarias.
OBRAS
A Deputación da Coruña licita a redacción dos proxectos de ampliación da estrada Roxos-Reborido e da senda entre o Carme de Abaixo e o Pedroso
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe dous anuncios para a contratación da redacción de dous proxectos longamente agardados en Santiago: a ampliación e mellora do trazado da estrada provincial que comunica Roxos e Reborido, e a senda peonil de Santiago a Figueiras.
ESPAZOS CIDADÁNS
Arranca o Smarter Together cun obradoiro de co-creación da imaxe gráfica da campaña
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís acolleu esta maña a primeira actividade colaborativa do programa europeo Smarter Together, no que Santiago participa como cidade convidada e seguidora xunto con Venecia e Sofía. O proxecto está liderado polas chamadas "cidades faro": Lyon, Munich e Viena, que será onde se poñan en marcha ao longo de cinco anos as accións financiadas con 29 millóns de euros de fondos europeos do programa Horizon 2020.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa abre a convocatoria para elixir o seu Xurado Novo
Logo de 30 anos de cinema en Santiago, o festival Cineuropa chega un ano máis á cidade e faino con algunhas novidades. Entre as destacadas, figura a selección dun Xurado Novo que comporán mozos e mozas de entre 18 e 25 anos. A organización do festival vén de abrir hoxe a convocatoria para seleccionar as persoas integrantes e admite candidaturas ata o 30 de outubro.
ACCIÓN CULTURAL
A compañía Etcétera recibe este sábado o Premio Galicreques 2017 no Teatro Principal
O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, entra nesta fin de semana no seu treito final cunha ampla programación de actividades destinadas ao público familiar.