SAÚDE
O Consello Municipal de Saúde aproba solicitarlle ao CHUS a creación dun equipo de atención ás persoas sen teito
O Consello Municipal de Saúde reuniuse o pasado martes despois de terse constituído no mes de xaneiro e tras moitos anos sen estar operativo. Está formado por representantes dos catro grupos políticos en Raxoi, representantes do Consello de Relacións Veciñais, dos colexios profesionais de Medicina e Psicoloxía e da Área Sanitaria de Santiago de Compostela.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Máis de 200 bailarinas e bailaríns participarán no certame "Compostela en Danza" este domingo no Auditorio de Galicia
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá o certame intercentros Compostela en Danza, unha experiencia de dinamización cultural que achega o mundo da danza aos escolares de entre 3 e 18 anos.
TURISMO
Ábrese o prazo de inscrición para as persoas interesadas en ser Chaquetas Vermellas
O servizo de Chaquetas Vermella volve este verán para prestar información básica nos principais puntos turísticos da cidade, como o Obradoiro, Praterías, Quintana e as principais rúas do Casco Histórico. Seleccionaranse 16 persoas voluntarias, que formarán oito parellas que se distribuirán en dous horarios, de 10:00 a 15:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o cónsul xeral de Romanía, Marian Popescu
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o cónsul xeral de Romanía en Bilbao, Marian Popescu.
CONSORCIO
Récord de inscrición no curso de posgrao de especialización orquestral, que permite ao alumnado formarse coa Real Filharmonía
Xa rematado o prazo de inscrición para o novo período 2016-2017 do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, rexistrouse un número de inscricións nunca antes alcanzado, o que constata o grande interese que suscita este curso entre os intérpretes noveis. Así, segundo os datos aportados pola Escola de Altos Estudos Musicais, un total de 155 rapaces e rapazas optan a algunha das 18 prazas ofertadas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O concelleiro de Educación reúnese coa Federación de Anpas para seguir avanzando no concurso de comedores escolares
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reunirase esta tarde coa Federación de Anpas para seguir avanzando no concurso de comedores escolares. Con esta xuntanza "continúase o camiño de interlocución constante coa comunidade educativa, que amosa o esforzo de diálogo realizado polo Goberno municipal", indicou.
MEDIO AMBIENTE
Éxito de participación na primeira campaña "Reciclar na escola ten premio"
A primeira campaña Reciclar na escola ten premio ven de finalizar cun rotundo éxito de participación. No proxecto, enmarcado no programa Tropa Verde, implicáronse 15 centros de ensino primario de Compostela, e os seus alumnos recolleron un total de 2.356 litros de aceite usado para a súa reciclaxe. Iso significa que se salvaron de ser contaminados 2.356 millóns de litros de auga. O claro gañador da campaña foi o CEIP de Roxos, que recolleu 302 botellas de aceite usado, cunha media de 2,59 botellas por alumno.
ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE
O convenio da estación intermodal asinarase nun prazo máximo de 15 días
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe do acordo alcanzado onte en Madrid para a sinatura do convenio da estación intermodal entre o Concello, a Xunta, o Ministerio de Fomento e ADIF. Jorge Duarte explicou que o Goberno "non pode máis que estar satisfeito, porque o acordo resolve os problemas da intermodalidade, pero tamén os da conexión peonil entre o Hórreo e os barrios do sur, acabando coa barreira que supuxeron as vías do tren". Está previsto que o convenio sexa firmado nun...