LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
Poesía e música para homenaxear a Manuel María no Día das Letras Galegas
O Concello de Santiago sumarase mañá martes, 17 de maio, á celebración do Día das Letras Galegas e ao recordo a Manuel María, o autor homenaxeado este ano. Será a través dun recital poético, dun concerto especial da Banda Municipal de Música e dun paseo-recital dende a praza do Obradoiro ata San Martiño Pinario. Ademais, segue aberto o concurso #fotolingua.
ACCIÓN CULTURAL
"Smart" clown de Antón Coucheiro
Smart clown ou como un teléfono intelixente pode converterte nun idiota. É unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Onde a óptica absurda do clown entra de cheo na era dixital. Unha sátira social sobre o noso comportamento fronte a tecnoloxía. Este mércores 18 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
ACCIÓN CULTURAL
Branca Novoneyra presenta as bases para cubrir a dirección-xerencia do Auditorio
A concelleira de Acción Cultural deu conta hoxe das bases da convocatoria para a provisión do posto de dirección-xerencia do Auditorio, despois da súa aprobación o pasado venres na Xunta de Goberno. Branca Novoneyra explicou que as súas características foron faladas co tecido cultural, e incidiu no seu convencemento de que "este proceso debe ser participado, transparente, e ter en conta a realidade cultural de Compostela".
MEDIO RURAL
O Concello comezará en xuño as rozas na rede viaria e nas fincas municipais
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio, no próximo mes de xuño, dos traballos de rozas nos viarios e parcelas municipais. Rafael Peña lembrou que a Xunta de Goberno aprobou hai uns días a apertura do procedemento de adxudicación do servizo, mediante procedemento aberto e por un importe total de 220.000 euros.
CONSORCIO
O Consorcio celebra o Día das Letras coa entrega de libros en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido o 17 de maio
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este martes, 17 de maio, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías) ao longo da xornada, tanto a adultos como ao público infantil e xuvenil.
CONSORCIO
Remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.
CONSORCIO
O director novel ruso Maxim Emelyanychev leva esta semana a batuta da RFG
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. Ao día seguinte, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. En ambas actuacións levará a batuta o mestre novel ruso Maxim Emelyanychev, que se puxo por primeira vez á fronte dunha orquestra cando tiña tan só doce anos de idade. Na actualidade, aos seus 28 anos, é convidado polas principais agrupacións de todo o mundo.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día Internacional contra a Homofobia con actividades para familias e escolares de primaria e secundaria
O Concello de Santiago quere sumarse ao Día Internacional contra a Homofobia, que se celebra o 17 de maio, mediante a celebración de diversas actividades ao longo de varias semanas. É a primeira acción dun proxecto máis amplo que a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde quere levar a cabo durante o vindeiro curso.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Marta Lois explicoulle aos praceiros as condicións para a concesión de dez postos na nave 5 do Mercado de Abastos
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, mantivo esta mañá un encontro cos praceiros do Mercado de Abastos para explicarlles polo miúdo o prego de condicións para a concesión de dez postos da nave 5.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Manuel Dios asistiu en Madrid á Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou este luns na reunión da Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada na sede da Fundación Albéniz en Madrid.