XUNTA DE GOBERNO
O Concello restaura outro tramo do Sarela e avanza cara a creación dun Grande Itinerario Natural polas ribeiras dos dous ríos da cidade
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto da segunda fase da restauración do tramo do río Sarela entre O Romaño e Galeras, no contorno do antigo curtidoiro da Pontepedriña de Arriba. Dáselle así continuidade á mellora ambiental que o Concello vén realizando neste importante itinerario fluvial.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto da terceira das obras comprometidas coa parroquia de Angrois: o almacén veciñal
O alcalde, Agustín Hernández, anunciou a aprobación do proxecto básico e de execución para a construción dun almacén destinado á Asociación de Veciños de Angrois. Satisfarase así o terceiro dos compromisos adquiridos no seu día cos veciños desta parroquia para a mellora do seu equipamento comunitario.
CULTURA
"Música con sabor español" este domingo no Teatro Principal coa Banda Municipal
O virtuosismo emocional e pasional será o leitmotiv que guiará o percorrido da Banda Municipal pola música nacionalista española, onde a evocación, a profunda tradición relixiosa do noso pobo e a herdanza árabe conflúe no flamenco como forma de expresión dos sentimentos máis profundos, con suxestivos ritmos, xiros musicais e sonoridades. Será este domingo, 25 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
CULTURA
Música clásica, tradicional, teatro e humor no programa cultural para esta fin de semana
O programa cultural desta fin de semana ofrece cinco propostas que xiran arredor da música clásica, a tradicional, o teatro e o humor. Na xornada do sábado teremos ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia, concerto coa Real Filharmonía de Galicia no ciclo Infantil & Familiar; ás 20:30 horas, Pandeiromus presenta o seu novo disco no Teatro Principal, enmarcado en Sons’15 e, ás 21:00 horas, chega ao Auditorio Abanca e dentro do ciclo Teatro 2015, El nombre de la rosa. O domingo, ás 12:00 horas, no Principal haberá...