CULTURA
Santiago e outras 14 cidades españolas, francesas e portuguesas asinan o convenio marco do Camiño Cultural Atlántico
A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, asinou este martes en Bilbao o convenio marco do Camiño Cultural Atlántico, concibido como unha ruta costeira entre o sueste de Francia, Norte de España e Norte de Portugal. O documento foi subscrito tamén por alcaldes e representantes municipais de Bilbao, Biarritz, San Sebastián, Santander, Gijón, Oviedo, Avilés, Vigo, Braga e Guimaraes. As outras catro cidades implicadas (Burdeos, Bayona, A Coruña e Porto), suscribirá este mesmo acordo en datas próximas,...
REHABILITACIÓN
Novos horarios durante o verán para as visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte
Continúa o programa de visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte iniciado o pasado mes de maio co obxectivo de explicar e contar in situ a súa historia. As visitas programadas para os meses de xullo, agosto e setembro -de carácter divulgativo e didáctico- están abertas ao público en xeral. Nos meses de outubro e novembro as visitas destinaranse aos grupos escolares.
CONSORCIO
Conferencia no marco da exposición sobre os 75 anos do Exército do Aire en Galicia
O Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, acolle dende a semana pasada a exposición itinerante que celebra o 75 aniversario do Exército do Aire en España. Este mércores 16 de xullo é o último día para visitar a mostra. Ás 12:00 horas celebrarase unha conferencia na que o comandante galego retirado Rafael Permuy López abordará a historia desta forza aérea en Galicia. Fará un percorrido polas principais anécdotas que tiveron lugar ao longo destes anos, con especial...
ALCALDÍA
O alcalde trasládalle ao presidente da Xunta o acordo plenario de defensa da demarcación xudicial de Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, mantivo o seu primeiro encontro institucional co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a súa toma de posesión como rexedor municipal. Na reunión avanzaron en relación a diversos proxectos da cidade nos que está implicado o Executivo autonómico, como a defensa da demarcación xudicial de Santiago, a variante de Aradas, a depuradora da Silvouta, a estación intermodal, as obras de restauración da Catedral ou a creación do Bosque de...
COMERCIO
Instalados os primeiros escaparates en locais comerciais baleiros dentro do programa "Espazos activos, escaparates vivos"
Xa están instalados os primeiros seis escaparates dentro do programa piloto Espazos activos, escaparates vivos, posto en marcha pola Concellería de Comercio. Os escaparates atópanse tanto no Ensanche coma no Casco Histórico compostelán.
ALCALDÍA
María José Corral participou no acto conmemorativo do 129º aniversario do pasamento de Rosalía de Castro
A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, María José Corral, participou en Padrón no acto conmemorativo do 129º aniversario do falecemento de Rosalía de Castro.
ALCALDÍA
Agustín Hernández asistiu á inauguración do Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á inauguración do novo Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla, situado na rúa Maruxa Mallo, 3. O acto estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.