ALCALDÍA
O alcalde de Santiago de Compostela convida aos cidadáns a doar sangue na campaña "Nadal 2014" promovida polo Centro de Transfusión de Galicia
As unidades móbiles do CTG visitarán ao redor de 130 concellos galegos entre a segunda quincena do mes de decembro e a primeira de xaneiro, para aumentar a participación dos doadores e doadoras
ALCALDÍA
Agustín Hernández amosa o seu apoio ao comercio de proximidade na posta en marcha da campaña de Nadal da zona do Ensanche
O alcalde asistiu esta mañá á presentación da campaña "As túas compras dan luz" xunto co presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández. A iniciativa pretende dinamizar a zona do Ensanche nesta época de Nadal e concienciar aos consumidores sobre a calidade do produto e dos establecementos locais.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca un concurso de fotografía nas redes sociais co nadal como protagonista
O concurso desenvolverase nas redes sociais do Grupo e o prazo de envío de fotografías será ata o 10 de xaneiro. O primeiro premio consiste nunha estancia de dúas noites nun Parador.
CULTURA
A lendaria cantante Joan Baez actuará o próximo 28 de marzo en Compostela dentro do ciclo Sons’15
Será a súa primeira actuación na nosa cidade e nela repasará todos os seus clásicos nun repertorio que fascinou a varias xeracións. As entradas, de 38 a 42 euros, estarán á venta a partir de mañá, mércores 17 de decembro, en Servinova e Abanca ou de xeito presencial en A Reixa Tenda e a billeteira do Teatro Principal.
COMERCIO
Vinte inscritos no programa Embaixadores do barrio de San Pedro, que premia as boas prácticas comerciais
O Concello de Santiago vén de por en marcha o programa Embaixadores do Barrio de San Pedro, co que se busca resaltar as virtudes, beneficios e atractivos do barrio, un lugar para vivir, traballar, emprender, mercar e divertirse a través do seu comercio e hostalería, para así amosar o seu atractivo á veciñanza de San Pedro, de Compostela, e aos seus turistas e visitantes.
ALCALDÍA
A xunta de voceiros acorda por unanimidade conceder o título de fillo adoptivo e medalla de ouro da cidade a Salvador García-Bodaño
A xunta de voceiros acordou por unanimidade conceder ao escritor Salvador García-Bodaño Zunzunegui o título de fillo adoptivo e a medalla de ouro da cidade, na reunión que esta mañá se celebrou na Alcaldía e na que estiveron os voceiros do grupos municipais.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno aforrará 1,4 millóns en pagamentos de xuros coa refinanciación do préstamo ICO
A Xunta de Goberno de hoxe, en sesión extraordinaria, vén de aprobar a refinanciación do préstamo ICO que permitirá aforrar 1,4 millóns de euros en pagamentos de xuros nos vindeiros anos da vida do préstamo (en total 8 ata 2022), grazas ao cumprimento do control do déficit e do período de pago a proveedores. O aforro desta ano é de máis de 343.000 euros.
CULTURA
‘Lo real’, intervención de María Castellanos Vicente
A Zona C continúa a programación de intervencións artísticas coa inauguración da proposta de María Castellanos Vicente neste espazo de uso múltiple. Será esta noite ás 20.00h e contará coa presenza da artista, da concelleira de cultura María Antón Vilasánchez e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou Fernández. María Castellanos obtivo o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2013, un premio con asignación económica e que...
ALCALDIA
Agustín Hernández describe os retos para afrontar o futuro de Compostela na conferencia de clausura dos actos do 125 aniversario da Cámara de Comercio
O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, pechou hoxe os actos do 125 aniversario da Cámara de Comercio cunha conferencia na que repasou o pasado da cidade e describiu os retos para afrontar o futuro.
Optimista cara ao futuro de Compostela, Agustín Hernández considera que será preciso afrontar de inmediato o despege da acusada dependencia do sector servizos e camiñar cara ao fortalecemento da actividade empresarial, tanto no relativo ao nivel de produción como á oferta de traballo.
E para...