ALCALDÍA
Angrois inaugura cruceiro en lembranza das vítimas do accidente ferroviario
Este sábado, ás 17:30 horas, inaugurarase no campo da festa de Angrois o novo cruceiro da parroquia, en lembranza ás vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidirá a cerimonia, á que tamén asistirán outros membros da Corporación. A continuación celebrarase un magosto organizado pola Asociación de Veciños da parroquia, coa colaboración do grupo de gaitas e pandereteiras da Colexiata de Sar.
DEPORTES
Nace o Club Atletismo Santiago para dar continuidade aos atletas novos da cidade
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o Club Atletismo Santiago, unha entidade que nace co obxectivo de acoller a aqueles atletas dunha franxa de idade entre os 15 e os 22 anos para que sigan practicando este deporte. Non obstante, o club xorde pretende fomentar a práctica do atletismo en xeral.
TURISMO
Turismo de Santiago estrea logo
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o novo logo de Turismo de Santiago. Trátase dunha imaxe composta de tres elementos. O central e máis destacado é o propio nome da cidade, Santiago de Compostela. O segundo, na parte superior, un esbozo da Catedral vista dende a Alameda, cunha perspectiva máis ampla que a imaxe tradicional dende o Obradoiro. O terceiro elemento, na parte inferior, é Turismo, que sirve para situar a empresa municipal como a entidade encargada da promoción turística da cidade.
COMERCIO
O Concello pon en marcha a campaña de dinamización comercial "Amor de barrio"
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnico de Comercio Lucía Castro, presentou a campaña de dinamización comercial Amor de barrio, que se desenvolverá no mes de decembro dentro do Urbana Santiago Norte, programa cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional.
EMPREGO
O Foro da Intermediación e o Emprego pechou as súas portas coa participación de máis de 3.000 persoas
Máis de 3.000 persoas participaron nas dúas xornadas do Foro de Intermediación e Emprego, unha iniciativa da Concellería de Economía e Emprego de Santiago que pechou as súas portas no Pazo de Congresos e Exposicións tras acoller a celebración de máis de 35 actividades de formación laboral e 110 sesións de encontros con empresas.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental organiza un roteiro polo parque de Belvís
O CIAC continúa coa súa actividade en novembro. Ademais de recibir a centros escolares cada semana, o CIAC organiza actividades para a cidadanía en xeral as fins de semana. Así, este sábado, 30 de novembro, de 12:00 a 13:30 horas, realizarase un percorrido polo parque de Belvís.
ALCALDÍA
A Asociación Cultural Francisco Asorey prepara os actos do 125º aniversario do nacemento do artista
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi coa presidenta da Asociación Cultural Francisco Asorey, María del Carmen Asorey; co seu vicepresidente, José Manuel Asorey, e co secretario da entidade, Vicente Pérez. Na xuntanza, a Asociación propúxolle ao alcalde a súa participación como membro da comisión creada para organizar os actos do 125º aniversario do nacemento do artista. Entre outras actividades, está prevista a realización dunha exposición durante o 2014 en Santiago...
XUVENTUDE
Segunda sesión do curso de retoque dixital organizado pola Concellería de Xuventude
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou na segunda sesión do Curso de iniciación ao retoque dixital. Photoshop I, organizado polo seu Departamento e que se celebra no Centro Sociocultural Xuvenil Municipal do Ensanche. O curso remata este sábado, 30 de novembro.