TURISMO
Santiago alcanza o millón de pernoctacións entre os meses de xaneiro e outubro
O turismo internacional continúa crecendo en Santiago no 2013 despois de que o 2012 xa marcase o récord histórico na cidade, cando se alcanzaron as 417.245 pernoctacións no conxunto do ano. O 2013 é xa o mellor ano na demanda internacional da cidade, posto que entre xaneiro e outubro houbo 419.242 pernoctacións, superando a cifra total do ano 2012, grazas a un crecemento acumulado do 7,6% no que vai de ano.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que o comportamento dos veciños de Angrois "perdurará no tempo como unha lección de humanidade"
A Capela do Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de imposición da Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela ás veciñas e veciños de Angrois. A Corporación quixo así recoñecer publicamente a actuación solidaria destes veciños con motivo do tráxico accidente ferroviario do 24 de xullo.
MULLER E IGUALDADE
Obradoiros para nenos e nenas destinados a promover valores de igualdade
A concelleira de Benestar Social e Muller, María Castelao, asistiu aos dous obradoiros para nenos e nenas organizados no marco do III Plan de Igualdade e con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro. Primeiro visitou o realizado no Centro Comercial As Cancelas e logo o de Área Central.
CULTURA
Primeiro pase da premiada "Like father, like son", de Hirokazu Kore-eda, na xornada do domingo en Cineuropa
Na xornada do domingo 24 temos unha desas citas que non se poden perder en Cineuropa: a proxección de Soshite Chichi ni naru (Like father, like son), de Hirokazu Kore-eda. O filme chega con grandes expectactivas xa que acadou neste 2013 o Premio do Xurado en Cannes e o Premio do Público en San Sebastián. Ademais, teremos tamén o primeiro pase de Post mortem, de Larrain; de Tre Fratelli, de Rosi e de Las analfabetas, que aborda un reflexo do Chile actual e para o que contaremos coa presentación e debate con público.../em>/em>