URBANISMO
O alcalde reitera o compromiso municipal coa mellora da accesibilidade nas urbanizacións máis antigas da cidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron as obras de construción de ascensores en varios edificios das Casas de Ramírez. Son xa cinco os elevadores instalados nesta céntrica e antiga urbanización (con máis de 50 anos dende a súa construción) e en breve estará listo outro máis.
OBRAS
As obras en varias rúas do Ensanche non afectarán á campaña comercial do Nadal
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, explicou en rolda de prensa o plan de obras previsto en varias rúas do Ensanche para as vindeiras semanas. En conversas coa asociación Santiago Centro, deseñouse un programa que permitirá que estas actuacións non afecten á campaña comercial do Nadal. As rúas sobre as que se intervirá nestes días son Doutor Teixeiro, República Arxentina, San Pedro de Mezonzo e Santiago de Chile.
DEPORTES
O Concello entregará os Premios Santiago Deporte nunha gala o 12 de decembro
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, anunciou en rolda de prensa os nove gañadores dos Premios Deporte Santiago. Estes galardóns, que recoñecen publicamente a persoas, entidades, centros educativos e empresas polo seu labor deportivo no ano 2013, serán entregados na I Gala do Deporte de Santiago, que se celebrará o xoves 12 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
BENESTAR SOCIAL
VII Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, inaugurou no Palacio de Congresos o VII Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, organizado por FADEMGA – FEAPS Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a responsable en Galicia da Dirección Xeral de Tráfico
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a coordinadora en Galicia da Dirección Xeral de Tráfico e xefa provincial de Tráfico da Coruña, María Victoria Gómez Dobarro. No encontro tamén participaron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, e responsables da Policía Local.
CULTURA
Primeiro pase de "Night moves" e pase único de "Pelo Malo" este sábado en Cineuropa
Na xornada do sábado 23 poderemos ver por vez primeira a que o director de Cineuropa, José Luis Losa, considera que é "tal vez, a mellor película do ano", Night moves, e teremos o pase único de Pelo malo, Concha de Ouro no último Festival de San Sebastián. Tamén veremos por vez primeira Tony Manero e Honeymoon, e gozaremos da última oportunidade para ver os filmes The broken circle breakdown (Alabama Monroe), que nas anteriores proxeccións estivo moi ben valorada polo.../em>/em>
MEDIO RURAL
Rematado o acondicionamento e mellora de vieiros en Bando, Enfesta e Verdía
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou Bando, Enfesta e Verdía xunto co concelleiro Luis Meijide. O Concello, con financiamento da Deputación da Coruña, acometeu obras nestas tres parroquias por importe de máis de 217.658 euros.
CULTURA
O Primavera Sound Touring Party chega esta fin de semana a Compostela
Esta fin de semana chega a Santiago o Primavera Sound Touring Party, que se celebrará sábado e domingo na Sala Capitol. Trátase dunha iniciativa do festival barcelonés que, enarborando o lema "In Live We Trust" está a percorrer gran parte da xeografía española e algúns puntos crave da europea como Inglaterra e Francia.
EMPREGO
O Foro da Intermediación e o Emprego contará con máis de 35 actividades formativas certificadas de balde
O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia será o escenario onde se desenvolva, durante os días 28 e 29 de novembro, o Foro da Intermediación e o Emprego, unha iniciativa da Concellería de Economía, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela.