CULTURA
O Teatro Nacional Dona María de Lisboa chega ao Principal os días 25 e 26 de outubro na súa primeira actuación en Galicia
A compañía do Teatro Nacional Dona María II (TNDM) de Lisboa visitará Galicia por vez primeira para presentar os días 25 e 26 de outubro en Santiago, no Teatro Principal, o espectáculo Gil Vicente na horta. Chega da man da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Santiago dentro da relación entre os teatros públicos de Galicia e Portugal e para afondar na promoción da lusofonía desde o ámbito da escena.
ECONOMÍA
Destacados relatores nacionais e internacionais participarán nunha xornada dedicada á experiencia do cliente
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou a primeira Conferencia Internacional da Experiencia do Cliente, Feeling Brands, que se celebrará o 8 de novembro. Estivo acompañada por Dolores Diz e Fernanda Fernández, da axencia Más Valor (organizadora do evento) e polo director da Área de Santiago de Novagalicia, Jesús Soto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comeza o obradoiro de guión cinematográfico de Compostela Cine Classics
Continúan unha semana máis as actividades do programa Compostela Cine Classics, promovido dende a Concellería de Centros Socioculturais. O xoves 24 de outubro comezará no Centro Sociocultural do Ensanche o Classicobradoiro para adultos sobre guión cinematográfico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Exposición de Fran Lareo no Centro Sociocultural de Santa Marta
O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle do 22 de outubro ao 5 de novembro a exposición de escultura Pequeno formato, de Fran Lareo.