TURISMO
O Concello colaborará coa Embaixada nipona co gallo do Ano de Xapón en España
Unha delegación da Embaixada de Xapón foi recibida en Raxoi polos concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Cultura, Ángel Currás. Os representantes nipóns explicáronlle aos concelleiros o programa con motivo dos 400 anos de relacións bilaterais entre España e Xapón.
CONSORCIO
Máis de 10.000 persoas xa descubriron o Santiago do século XIII na exposición "Compostella dicitur"
Cando aínda non se cumpriron tres meses dende a súa apertura ao público, a exposición Compostella dicitur. A cidade da catedral xa recibiu máis de 10.000 visitas. Así, o edificio barroco da Casa do Cabildo, restaurado polo Consorcio de Santiago durante o ano 2011, estase a converter nun dos centros culturais preferidos para os veciños e os visitantes que recibe a cidade. A boa impresión dos que se achegaron queda reflectida no libro de visitas instalado nos baixos do edificio.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición para o curso "Solucións negociadas a conflitos e dilemas"
A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición para o curso Solucións negociadas a conflitos e dilemas, acción formativa que se integra dentro do programa Santiago Investors Support, que se presentou o venres 23 ás dez entidades empresariais que colaboran no programa. A inscrición pode facerse a través da páxina www.maiscompostela.org.