ALCALDÍA
As obras de reurbanización están a transformar a rúa Londres nun moderno bulevar urbano
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá as obras reurbanización da rúa Londres, en Fontiñas, financiadas polos Fondos de Inversión Local (FIL). Estas obra segue o modelo da xa reformada rúa Berlín, afecta a un tramo de 550 metros de lonxitude e supón un investimento de case 2,5 millóns de euros.
CULTURA
O Teatro de Marionetas do Porto converte o Teatro Principal nun cabaré melancólico inspirado nos anos cincuenta
O Festival dos Abrazos pecha o seu espazo para as artes escénicas cun espectáculo dunha das compañías de monicreques máis recoñecidas en Europa, o Teatro de Marionetas do Porto, que representa a súa peza Cabaret Molotov. A función terá lugar no Teatro Principal o venres 28 ás 20:30 horas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O obradoiro "Falando en verde" ofrece aos máis pequenos a posibilidade de descubrir en galego o seu contorno natural
Falando en verde é o título do obradoiro ambiental e de descuberta do noso contorno que xa se impartiu do 22 ao 26 de xuño na Casa das Asociacións (Cornes). Do 1 ao 9 de setembro celébrase a segunda entrega deste taller, organizado pola Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística e impartido por Ventos, Estudos Ambientais. Está aberto o prazo de inscrición para este obradoiro, no que poden participar rapaces de 6 a 12 anos.
EMPREGO
Promoción Económica impartirá dez cursos en setembro e outubro para o alumnado do Crear VI
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo impartirá en setembro e outubro dez cursos para dar resposta as demandas de capacitación e formación das 100 persoas que participan no Proxecto Crear VI, (60 homes e 40 mulleres) que se desenvolverá ata abril de 2010.