EDUCACIÓN E DEPORTE
Un verán máis, cita para os máis novos en Ferradura Aberta
Do 11 ao 27 de xullo, a Alameda volverá ser o escenario de Ferradura Aberta. Xa van catorce edicións desta cita lúdica, educativa e deportiva pensada tanto para os composteláns máis novos como para os visitantes.
REHABILITACIÓN
Adxudicado o estudio sobre A Almáciga para a súa futura declaración como ARI
O Goberno local adxudicou á Universidade de Santiago a redacción dun estudio sociourbanístico sobre o barrio da Almáciga, con vistas á solicitude de declaración do mesmo como Área de Rehabilitación Integral (ARI).
EDUCACIÓN
Apróbanse as listas definitivas para as escolas municipais de Conxo e Fontiñas
As listas de admisión e de espera nas escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas xa son definitivas para o curso 2007-2008.
REFORMA ADMINISTRATIVA
Máis servizos a través da Carpeta Cidadá da web municipal
A Xunta de Goberno aprobou o inicio do procedemento de contratación do subministro de módulo software para a publicación de varios servizos a través da Carpeta Cidadá do portal web do Concello. Entre estes novos servizos estará a posibilidade de presentar ou consultar facturas ou consultar a información catastral.
EDUCACIÓN
Todos os centros de primaria terán comedores escolares no curso 2007-2008
O servizo de comedor escolar estenderase a todos os centros de infantil e primaria da cidade, en virtude do convenio que asinarán en setembro a Consellería de Educación e o Concello de Santiago. Este acordo permitirá tamén desenvolver un programa de apoio e habilidades persoais e actividades deportivas fóra do horario lectivo.
URBANISMO
Saen a licitación as obras de urbanización do Sunp-5 da Muíña
O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (Emuvissa), presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou en sesión ordinaria o prego de cláusulas administrativas particulares para a execución das obras de urbanización do polígono Sunp-5 da Muíña, na zona de San Lázaro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 14 de xullo finaliza o prazo para inscribirse no Concurso de Novas Ideas Empresariais
O sábado, 14 de xullo, finaliza o prazo para inscribirse no Concurso de novas ideas empresariais "Compostela Activa 2007". O obxectivo do certame que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, é estimular e apoiar a persoas que teñen unha idea de negocio, facilitándolles a posta en marcha do proxecto empresarial.
ALCALDÍA
Mar Martín, alcaldesa en funcións do 10 ao 12 de xullo
Con motivo da viaxe a Santiago de Cacém do alcalde e do tenente de alcalde para efectuar o irmandamento entre esta cidade portuguesa e Santiago de Compostela, quedará como alcaldesa en funcións dende o martes 10 de xullo ata o xoves 12, ambos inclusive, a concelleira Mar Martín García.