URBANISMO

Máis vivenda protexida e zonas verdes para a zona norte de Compostela

23/04/2007

A Xunta de Goberno local informou favorablemente a recepción do documento de avance dos plans parciais do SUD-1 (Mallou), do SUD-2 (Cancelas-A Muíña), do SUD-3 (Amio Norte), do SUD-5 (Amio Sur), do Plan Especial do Parque Urbano Norte PU-16 e do sistema xeral viario Cancelas-Amio (Treito Camiño de Amio-Porto do Medio). O alcalde xa anunciara este proxecto para a zona norte na súa rolda de prensa do venres 20 de abril e comentara que vai supor o principal foco de expansión da cidade nos vindeiros anos, coa construción de máis de 10.000...

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

Case 600.000 euros para melloras do firme en dúas estradas

23/04/2007

O Goberno local parobou o Plan de Cooperación Provincial 2007, polo que a Deputación da Coruña achegará 591.073 euros para dúas obras de reforzo do firme. En concreto, intervirase na vía pública M-8-IV (Vilar-Grixoa), con 251.803 euros, e na R-5-III-B (Son de Abaixo-Marzo de Abaixo), cun investimento de 339.269 euros.

Ler máis

REHABILITACIÓN

Asinado o acordo co Ministerio de Vivenda para a Área de Rehabilitación Integral de Vista Alegre

23/04/2007

A sede da Delegación do Goberno acolleu a sinatura dos acordos para a Área de Rehabilitación Integral no polígono de Vista Alegre e para a Área de Rehabilitación do Casco Histórico. No acto estiveron presentes o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; a ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo; o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; e a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas.

Ler máis

DEPORTES E INFRAESTRUTURAS

Un campo de fútbol para o barrio de San Lázaro

23/04/2007

O barrio de San Lázaro contará cunha nova área deportiva, grazas á aprobación do proxecto e da contratación das obras de urbanización para a mesma na súa primeira fase. Investiranse 1.302.587 euros para acondicionar unha área na que se construirán un campo de fútbol, gradas, vestiarios, un aparcadoiro de 69 prazas e unha pequena dársena de autobuses.

Ler máis

FUNDACIÓN GRANELL

Nova programación didáctica na Fundación Granell

23/04/2007

A Fundación Granell presentou en rolda de prensa as actividades a desenvolver e n 2007 no seu Departamento de Didáctica no Museo, dirixido polo artista e comisario Eduardo Valiña. No calendario de actividades hai distintos obradoiros, tanto para fomentar a creatividade na infancia e na adolescencia como en persoas adultas.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Servizo de perruquería e estética para persoas dependentes atende 631 solicitudes

23/04/2007

O Servizo de perruquería e estética para persoas dependentes da Concellaría de Promoción Económica e Emprego realizou dende que comezou a súa andadura, en decembro do 2006, 631 servizos a 404 usuarias/os. A maioría dos demandantes, 384, son mulleres, e os 20 restantes homes. O servizo, gratuíto, é atendido por catro especialistas que accederon ao mercado laboral a través dos Programas de Cooperación asinados entre a Concellaría e a Consellería de Traballo.

Ler máis

EDUCACIÓN

As obras de construción da Ludoteca seguen o ritmo previsto

23/04/2007

A concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, e o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, visitaron esta as obras da Ludoteca que se está construindo no barrio das Fontiñas. As obras marchan a bo ritmo polo que en xullo, tal e como estaba previsto, estarán rematadas.

Ler máis

EMUVISSA

Aprobada a proposta de expropiación do SUNP-14 de mutuo acordo

23/04/2007

Na sesión ordinaria do Consello de Administración de Emuvissa (Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago) deuse o visto bo á proposta de aprobación de bases de mutuo acordo de expropiación no ámbito do plan de sectorización do SUNP-14 Tras Paxonal, así como o mutuo acordo de expropiación con Construcións Ruafer e Pirsa Norte neste ámbito.

Ler máis
Compartir: