FESTAS
Preto de 60.000 persoas gozaron do tradicional desfile de Entroido
O desfile do Entroido congregou a preto de 60.000 persoas, que saíron ás rúas para gozar do paso das carrozas, das comparsas e dos diferentes disfraces que inundaron cos seus sons e corido a cidade. Repartíronse máis de 12.000 euros entre as carrozas, comparsas, parellas, disfraces individuais e grupos no concurso de Entroido.
CULTURA
Alban Berg, de novo no programa da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia pecha o mes de febreiro cun concerto no que o respectado Edmon Colomer dirixirá á Real Filharmonía. Nesta ocasión actuará como solista a coprincipal de violíns primeiros da orquestra Anca Smeu. Estará acompañada pola pianista Ilona Timchenko, gañadora de numerosos concursos internacionais, e que xa colaborou coa Real Filharmonía en pasadas ocasións. A cita é o xoves 22 de febreiro.
CULTURA
Milladoiro abre un novo semestre do ciclo Sons da Diversidade
Por cuarto ano, os composteláns poderán disfrutar dos concertos do ciclo Sons da Diversidade. Variedade de estilos e calidade musical para unha proposta "que pretende achegar ao público de Santiago o máis significado que se fai na música en diferentes partes do mundo", en palabras do concelleiro de Cultura, Néstor Rego.
ALCALDÍA
Compostela acollerá o VI Congreso Nacional de Lupus
A presidenta da Asociación Galega de Lupus (AGAL), Eugenia Escudero, pasou por Raxoi, onde foi recibida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Este foi invitado por Escudero a participar no VI Congreso Nacional de Lupus, que se celebrará no Auditorio de Galicia os días 11 e 12 de maio.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico reúnese con responsables da Comisión Europea
O venres 23 de febreiro os responsables de medio ambiente dos 18 concellos que conforman o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal –entre eles Santiago– e responsables da CCDR-N reuniranse en Ourense co responsable do Progama LIFE + da Unión Europea.
SEGURIDADE CIDADÁ
Traballadoras da limpeza en folga provocan danos en edificios municipais
A Policía Local de Santiago identificou na pasada noite a dúas traballadoras da empresa ISS, que realiza labores de limpeza para o Concello e que actualmente se atopan en folga, tras realizar pintadas ata en 12 edificios municipais.