REHABILITACIÓN
O proxecto de rehabilitación integral de Vista Alegre eliminará as terrazas e dotará aos edificios de ascensores exteriores
Unha vez coñecido polos veciños, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, explicou o proxecto arquitectónico elaborado polo Concello para a rehabilitación dos bloques de vivendas ao amparo da Área de Rehabilitación Integral (ARI). Agora unicamente queda que o Concello, a Xunta e o Goberno central asinen o convenio que permita por en marcha o programa e o acceso ás axudas.
MERCADOS
A sinatura do convenio con Vivenda permitirá por en marcha definitivamente a reforma da Praza de Abastos
O Concello remitiu xa ao Ministerio de Vivenda as pequenas modificacións propostas para o convenio que permitirá acometer a reforma da Praza de Abastos. No texto remitido polo departamento de María Antonia Trujillo dáse solución ao problema derivado do financiamento a tres bandas da operación: Concello, Ministerio e Xunta de Galicia.
BENESTAR SOCIAL
Santiago recibirá o 7 de marzo o premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal
O 7 de marzo, ás 13:00 horas, no Palacio da Zarzuela, Compostela recibirá premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal 2006, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. O premio recoñece o labor de Santiago na eliminación de barreiras arquitectónicas e virtuais que dificultan a vida diaria das persoas con discapacidade.
MOCIDADE
Novo curso de formación en curtametraxes no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche
a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, inaugurará o sábado 20 de xaneiro, ás 12 horas un curso de curtametraxes para mozos e mozas no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
ALCALDÍA
Santiago e Ourense miran ao futuro
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao candidato socialista á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez. Ámbolos falaron de temas de actualidade que afectan ás dúas cidades e de colaboracións para o futuro.
ALCALDÍA
O Colexio de Avogados de Santiago entregou as súas medallas de ouro
O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu a entrega das medallas de ouro do Colexio de Avogados de Santiago, nun acto ao que, entre outros, asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Nesta ocasión, as medallas de ouro e brillantes foron para Juan Bautista Gerpe Castro e Jesús Palmou Lorenzo. Tamén a recibiu Jesús Bernardo Sánchez Fernández, en recoñecemento aos corenta anos de exercicio profesional na avogacía.