PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O Concello rende homenaxe á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos

30/10/2009

A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presidirá esta tarde o acto de recoñecemento que o Concello quere render á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos polos seus 88 anos de labor ininterrompido en prol da música tradicional galega. Será na Casa das Asociacións de Cornes ás 20:30 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O convenio para a construción da estación intermodal asinarase o 3 de novembro

30/10/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o martes 3 de novembro, ás 11:00 horas, asinarase en Raxoi o convenio entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento para a construción da estación intermodal do AVE. "Ben está o que ben acaba", apuntou, resaltando a "vontade de colabora coa Comunidade Autónoma e co Ministerio para sacar adiante unha actuación decisiva e decisoria para Santiago e para o conxunto de Galicia".

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

A Unidade de Atención ás Familias organiza unha xornada sobre prevención e control do absentismo escolar

30/10/2009

A Unidade de Atención ás Familias (UAF), da Concellería de Benestar Social, organiza unha Xornada sobre prevención e control do absentismo escolar, baixo o título Depende de ti. A educación, un dereito, un deber. Celebrarase o luns 2 de novembro, de 16.00 a 20:00 horas, no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. A asistencia é de balde.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A recuperación da Selva Negra, primeira experiencia en Galicia de substitución masiva de eucaliptos por árbores autóctonas

29/10/2009

"Unha valgada con dous prados na parte baixa rodeados dunha carballeira ampla que tamén terá outras especies autóctonas, aumentará enormemente o valor ecolóxico, o valor paisaxístico e o valor recreativo dun espazo que xa hoxe é de grande interese". Con estas palabras definiu a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, o resultado final dos traballos que se están a desenvolver na Selva Negra.

Ler máis
Compartir: