CULTURA
Vaudí canta a Víctor Manuel en clave brasileira noutra entrega do ciclo Sons’15
Vaudí presenta Un poco de ti en Compostela dentro do ciclo Sons’15. O concerto, no que interpreta temas de Víctor Manuel en clave brasileira, será este martes 12 de maio, ás 20:30 horas, no Salón Teatro. As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00h), en entradas.abanca.com e no 902 434 443. Ademais, o propio día do concerto tamén se poden adquirir no Salón Teatro.../em>
CONSORCIO
Pascual Martínez, segundo clarinete da Filharmónica da Nova York, formará neste instrumento a intérpretes galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o recoñecido clarinetista mallorquino Pascual Martínez-Forteza formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co clarinete.
EDUCACIÓN
Clausurada a XV Campaña Municipal de Animación á Lectura "Ler e voar"
A Galería Sargadelos e a rúa Nova acolleron unha actividade moi especial para clausurar a XV Campaña de Animación á Lectura. A Bandiña da Escola Municipal de Música, integrada por 33 nenos e nenas de 7 a 10 anos, interpretou varias pezas do compositor holandés Jan de Haan. A concelleira de Educación, Maite Cancelo, asistiu a esta sesión, na que tamén houbo contos e outras sorpresas.
DEPORTES
Dous mil corredores percorreron as principais rúas da cidade na exitosa primeira edición da carreira nocturna SantYaGo10K
A primeira edición carreira nocturna SantYaGo10K foi todo un éxito, con máis de 2.000 corredores percorrendo as principais rúas do Casco Histórico e do centro da cidade, para rematar na praza do Obradoiros. Entre os participantes non faltou o alcalde, Agustín Hernández, un habitual das probas atléticas da cidade.
CULTURA
"El eunuco", versión libre de Jordi Sánchez & Pep Antón Gómez da obra de Terencio, este domingo en Compostela
El eunuco, coprodución de Mixtolobo e o Festival Internacional de Teatro de Mérida, chega este domingo a Compostela. Trátase dunha versión divertida, trepidante e felizmente libre de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez. Nove personaxes entolecidos polo amor, o diñeiro, a paixón, o orgullo, os celos e os equívocos. E outras tantas historias que se entrecruzan nunha montaxe que transita sen rubor polo teatro clásico grecolatino e o musical, a comedia de situación e o vaudeville. Nove personaxes, outras...
COMERCIO
Estrea Estilo celebra este domingo a gran festa do pequeno comercio con actividades de balde durante todo o día
Estrea Estilo, iniciativa promovida pola Concellaría de Comercio, presentará este domingo as coleccións de primavera-verán das tendas da cidade en diversos espazos do Pazo de San Lourenzo. Durante a xornada, a gañadora do cheque-agasallo de 200 €, premiada grazas á súa compra en Patucos & Co o pasado mes de abril, poderá trocar o seu premio por prendas e produtos dos comercios participantes.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á conferencia do Nobel da Paz Kailash Satyarthi
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asisiu no IES Rosalía de Castro á conferencia de Kailash Satyarthi, Premio Nobel da Paz en 2014.
ALCALDÍA
Entrega de trofeos do XIV Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat Galicia VII
A praza do Obradoiro acolleu o acto de entrega de trofeos da 14ª edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat Galicia VII. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na cerimonia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba un cambio nas datas de ocupación da Alameda durante as festas da Ascensión e do Apóstolo
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, acordou acceder á petición do adxudicatario da autorización da ocupación de vía pública na Alameda para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo. Xa na sesión ordinaria celebrada na tarde deste venres, deuse o visto bo a novas axudas para a rehabilitación de vivendas no Casco Histórico e a tres convenios con entidades culturais.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolle ata o 20 de maio a exposición "Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía"
Ata o vindeiro 20 de maio, o Centro Sociocultural das Fontiñas acolle a exposición fotográfica Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía, organizada pola Asociación Cultural Fotoforum de Compostela.