DEPORTES
O MediaSan do Camiño xa ten camiseta e bolsa oficial para os corredores
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou no Centro Comercial Compostela a bolsa e a camiseta que lucirán os corredores que este domingo 13 abril participen no MediaSan do Camiño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova viaxe dentro do programo Imos de Excursión
Dende o xoves 10 de abril a partir das 17h ábrese o prazo para a inscrición nunha nova viaxe incluída no programa municipal "Imos de excursión" para as datas do 1,2 e 3 de maio co título Terras de Burgos.
COMERCIO
A artesá Ana Serra deseñará a figura conmemorativa dos Premios do Comercio
Os Premios do Comercio establecen este ano seis candidaturas. Os gañadores de dúas delas, Comercio de Barrio e Comercio Agarimo, serán elixidos mediante votación popular. Poden presentar candidaturas comercios e asociacións comerciais e, no caso do Comercio de Barrio e Comercio Agarimo, pode facelo calquera persoa. O prazo de presentación remata o 26 de abril.
CULTURA
O Pazo de Congresos acollerá a máis de 1000 gaiteiros na I fase do campionato galego de bandas de gaitas
O alcalde, Ángel Currás, presentou en rolda de prensa a XXIV edición deste certame, o máis importante no que Bandas de Gaitas se refiere en toda a Península Ibérica, e cuxa primeira fase se celebrará no Pazo de Congresos este sábado, 12 de abril. Acudirán un total de 23 bandas de diferentes puntos de Galicia, Cataluña e Portugal.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición nos cursos para persoas emprendedoras do Santiago Investors Support
As accións formativas desenvolveranse durante o mes de maio.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Un plan director dos parques e xardíns da cidade definirá as prioridades de actuación na busca dunha xestión global máis eficiente e sustentable
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbanos Sostible, María Pardo, presentou en rolda de prensa o Plan director dos parques e xardíns de Santiago, que conta cunha inversión para a súa redacción de 144.085 euros e que se encadra nas mellorar presentadas pola empresa adxudicataria do prego de mantemento das zonas verdes.
DEPORTES
Presentada a bebida oficial do MediaSan do Camiño
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a relacións externas de Coca-Cola Iberian Partners, María Sande, anunciaron que Powerade será a bebida oficial do MediaSan do Camiño. Ademais, o prazo para apuntase nesta proba amplíase ata o xoves ás 14.00 horas.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación de Semana Santa promovido pola Concellería de Educación
Xa se pode proceder a formalizar a matrícula no departamento de Educación. O prazo remata o vindeiro 10 de abril.
DEPORTES
O pazo de Raxoi recibe a selección de fútbol sala de Xapón
O concelleiro Deportes, Adrián Varela e a concelleira de Turismo, Reyes Leis recibiron o combinado xaponés que xogará esta tarde un partido amistoso contra o Santiago Futsal. A entrada será gratuita.
ALCALDÍA
O alcalde defende a demarcación xudicial de Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, defendeu en rolda de prensa a demarcación xudicial da cidade, anunciando que está disposto a falar con quen sexa para que non se lesionen os intereses de Compostela.