AUDITORIO

O Auditorio de Galicia acolle a estrea mundial de "Enigmas da temporalidade", do compositor galego Juan Vara

10/03/2008

Seguindo o costume de estrear cada temporada de abono pezas de compositores actuais galegos, o xoves 13 de marzo, a Real Filharmonía inclúe a obra Enigmas da temporalidade (sobre un poema de Eloy Sánchez Rosillo), do coruñés Juan Vara. A peza volverá soar ao día seguinte no Auditorio de El Escorial, onde a Real Filharmonía inaugurará o Ciclo de Música Religiosa.

Ler máis

COMUNICACIÓN

Falece Felipe Molinero, xefe de prensa do Concello de Santiago

08/03/2008

Felipe Molinero Gil, de 46 anos, xefe de Prensa do Concello de Santiago desde 1997, faleceu hoxe en Santiago de Compostela, onde vivía desde hai vinte anos, tras unha longa e penosa enfermidade. Natural de Bilbao, Felipe Molinero integrárase moi activamente na capital galega, onde traballou como xornalista en El Ideal Gallego, antes de entrar a traballar no Concello en 1989 e oito anos máis tarde ser nomeado xefe de prensa.

Ler máis

TRANSPORTES

Máis de 7,7 millóns de viaxeiros empregaron o transporte urbano en 2007

07/03/2008

O ano 2007 supuxo o asentamento definitivo da rede de transporte urbano, cos seus distintos operadores: Tralusa, Hermanos Ferrín, Transportes Mosquera e Aucasa. Así o demostra a cifra de pasaxeiros transportados en 2007, que alcanzou os 7.721.901 viaxeiros, 144.480 máis que en 2006, o que supón un incremento do 1,91%.

Ler máis

TURISMO

A lamprea pecha en marzo "Santiago de Compostela. Repetirás"

07/03/2008

Máis de vinte restaurantes ofrecen menús e pratos especiais elaborados con lamprea durante todo o mes de marzo, no marco do programa Santiago de Compostela. Repetirás. Ademais, Chef Rivera e Toñi Vicente impartirán obradoiros gastronómicos o 15 e o 29 de marzo.

Ler máis

ALCALDÍA

Catorce procesións, liturxia e músicas do mundo na Semana Santa compostelá

06/03/2008

Recuperadas moitas procesións nos últimos anos e con actividades complementarias coma o Festival de Músicas Contemplativas, a Semana Santa tense convertido tamén nun polo de atracción cara a cidade para turistas e veciños. A deste ano terá ata 14 procesións, diversos actos litúrxicos e unha ampla mostra de músicas do mundo.

Ler máis

CULTURA

A pianista rusa Valentina Igoshina chega a Santiago para acompañar á Real Filharmonía de Galicia

06/03/2008

A xoven promesa da música Valentina Igoshina repite un ano despois e volve tocar no Auditorio de Galicia xunto á Real Filharmonía. En 2007 sorprendeu ao público compostelán cunha precisa interpretación do Concerto para piano núm. 21 de Mozart. Nesta ocasión atrévese co Concerto para piano núm. 2 de Prokofiev. Dirixido polo mestre Ros Marbà, o programa complétase coa Pavana para unha infanta defunta e co célebre Paxaro de lume, de Stravinsky.

Ler máis
Compartir: