EMPREGO
A antiga escola unitaria da Susana albergará un centro BTT a partir de maio
O alcalde participa na clausura do Obradoiro de Emprego que permitiu acondicionar as dependencias. O vello colexio reserva tamén un espazo para ser utilizado polas mulleres desta aldea de Marrozos, como veñen facendo nos últimos anos.
FACENDA E ORZAMENTOS
Xa está operativa a Oficina impulsada pola Concellería de Facenda para solucionar dúbidas coa regulación catastral
Dende hoxe luns 20 de marzo comeza a operar a Oficina especializada de atención ao contribuínte que a Concellería de Facenda vén de poñer en marcha para atender as dúbidas xeradas en relación á regularización catastral.
FACENDA E ORZAMENTOS
Os orzamentos de 2017 xa son definitivos despois de ter finalizado o prazo de exposición pública
Santiago de Compostela conta xa con orzamentos definitivos, despois de que o pasado 14 de marzo finalizara o prazo de exposición pública de quince días para a presentación de alegacións.
CONSORCIO
Un violín de 1773 soará esta semana nos concertos da Real Filharmonía de Galicia
Os músicos acompañarán ao aclamado violinista francés Amaury Coeytaux, concertino da Orquestra Nacional de Radio Francia. A orquestra actuará o xoves en Santiago, o venres en Ferrol e o sábado ofrecerá un concerto para nenos a prezo reducido en Santiago.
DEPORTES
Aberta a inscrición para a III edición carreira nocturna SantYaGo 10K
A carreira percorrerá as diferentes rúas do casco histórico e rematará na Praza do Obradoir. A organización espera superar, como nas edicións anteriores, as 2.000 persoas inscritas.
PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio presentan os seus obxectivos para 2019
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, participou este sábado en Alcalá de Henares na reunión da Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, que presentou o seu Plan Estratéxico ata 2019, encamiñado a conseguir un maior matiz social, coa implicación dos cidadáns e cidadás no desenvolvemento de proxectos que defendan e protexan os centros históricos das Cidades Patrimonio.
POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
As II Xornadas sobre diversidade sexual a educación reflexionan sobre a transexualidade
O Concello colabora nas II Xornadas sobe diversidade sexual na educación, que se celebran este venres co lema "Unha oportunidade para transformar a sociedade" e organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación. As persoas interesadas poden seguir en directo a retransmisión destas xornadas.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o proxecto de rehabilitación da Casa das Máquinas
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto actualizado de rehabilitación da Casa das Máquinas, na rúa de Galeras. O alcalde sinalou que a actuación, que sairá a licitación nas próximas semanas, ten un orzamento de algo máis de 250.000 euros, IVE incluído.
TURISMO
As Cidades Patrimonio reforzan a súa promoción en Francia coa súa presenza no Salón do Turismo de París
As 15 Cidades Patrimonio continúa co seu plan de promoción e captación de viaxeiros europeos coa participación no Salón Mundial do Turismo que se celebra en París do 16 ao 19 de marzo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Compostela celebrará o Día Mundial da Poesía con actos en homenaxe ao poeta Miguel Hernández
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou este venres os actos que organiza o Concello para conmemorar o Día Mundial da Poesía, que se celebra todos os 21 de marzo tras a declaración por parte da Unesco en 1999.