DEPORTE
Máis de 200 deportistas participarán este sábado nos 20º Xogos Autonómicos de Atletismo Special Olympics
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá unha nova edición dos Xogos Autonómicos de Atletismo Special Olympics que volven celebrarse en Santiago. Na rolda estivo acompañada por Eladio Fernández, presidente da entidade; Javier García, o seu secretario; e Jesús Cabo, un dos atletas que participará nas probas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello e Compostela Inserta poñen en marcha unha campaña de sensibilización sobre a reciclaxe do aceite usado
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia e Compostela Inserta poñen en marcha unha nova campaña educativa sobre a reciclaxe dos aceites vexetais usados, que chegará á práctica totalidade dos centros de ensino de Santiago. Ao tempo, o proxecto pretende dar a coñecer a figura das empresas de inserción e sensibilizar á poboación sobre as persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social.
ACCIÓN CULTURAL
"De lugares e órganos" ofrece un ano máis a oportunidade de descubrir o patrimonio instrumental de Compostela
Do 11 ao 20 de abril celébrase a cuarta edición do ciclo De lugares e órganos, organizado pola Concellaría de Acción Cultural coincidindo coas datas de Semana Santa. A concelleira Branca Novoneyra e a directora artística do programa, Belén Bermejo, presentaron hoxe o ciclo, que "nace coa vocación de afondar no imaxinario sonoro de Compostela, de coñecer a riqueza instrumental da nosa cidade e, ao tempo, de descubrir outras culturas".
ALCALDÍA
A Festa do Banquete celebrará a súa II edición os vindeiros 3, 4 e 5 de maio
A carballeira de Conxo acollerá, por segundo ano, a Festa do Banquete cunha chea de actividades que se celebrarán os días 3, 4 e 5 de maio. A encargada de dar conta das mesmas foi a concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois.
COMERCIO
Aberta a exposición "Comercios emblemáticos, de onte, de hoxe, de sempre"
A mostra fotográfica "Comercios emblemáticos, de onte, de hoxe, de sempre" xa pode visitarse na rúa da Carreira do Conde ata o vindeiro 5 de maio. Alí poderanse ver instantáneas dos oito emblemáticos 2018 elixidos pola Mesa Local de Comercio.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Seguen as actividades no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
Este xoves continúan as actividades do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes. Durante os meses de abril e maio, este día da semana é o escollido para o Círculo Literario con Suso de Toro, dirixido a alumnado dos institutos de Compostela, e para Shourruscado, actividade para nenos e nenas a partir de 10 anos que se celebra de 16:30 a 20:30 horas, con inscrición na dirección de correo shourruscado@gmail.com.
MOCIDADE
O Concello impulsa o proxecto #SenCancelas, que busca ser un espazo de socialización en lingua galega para a mocidade
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou hoxe o proxecto #SenCancelas, posto en marcha polo Departamento de Mocidade en colaboración co Departamento de Lingua, ao abeiro dos orzamentos participativos. Trátase dun proxecto de ocio alternativo destinado á xeración de mozos e mozas nados entre 2002 e 2005 que necesitan dun contexto de socialización propio para desenvolver os seus intereses nos medios dixitais e onde a lingua galega teña un espazo propio. Na rolda participou o encargado da acción, Óscar Maceira.
DEPORTE
Máis de 400 nenos e nenas participarán no I Mini BTT Cidade de Santiago
A Granxa do Xesto acolle este sábado o I Mini BTT Cidade de Santiago, e o X Cross Country Olímpico Cidade de Santiago, organizados polo Club Ciclista Compostelano. Os eventos foron presentados hoxe pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e as vicepresidentas do Club, Mónica González e Lourdes Couceiro.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Alacante, acontecido este martes, e o doutra muller en xaneiro, pero confirmada hoxe mesmo como un asasinato machista.
TURISMO
Turismo de Santiago e Hostalaría Compostela colaboran na promoción da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro
A sede da Asociación Hostalaría Compostela acolleu a presentación da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, que se celebrará do 5 ao 8 de abril. Na presentación participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois; a presidenta da Asociación, Sara Santos, e o profesor do CIFP Compostela Xosé Quintáns. As persoas asistentes ao acto puideron degustar este senlleiro prato, preparado por estudantes do CIFP Compostela.