SEGURIDADE CIDADÁ

Santiago quedará cun Parque de Bombeiros municipal mellorado e cunha nova infraestrutura

14/10/2008

A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, anunciou que o Parque de Bombeiros de Santiago terá unicamente ámbito municipal, tras a decisión da Xunta de construír o parque comarcal en Ames ou Brión, probablemente o primeiro. Deste xeito, segundo destacou, o parque compostelán quedará "coa situación que antes tiña, pero con novo material, máis efectivos e unha nova infraestrutura en Salgueiriños".

Ler máis

TURISMO E CULTURA

Curtocircuíto proxectará 259 curtas procedentes de 40 países

13/10/2008

A V edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, celebra a súa semana oficial do 17 ao 24 de outubro. É a primeira vez que o certame dura unha semana, co obxectivo de consolidado como o festival máis importante da Península ibérica, tanto pola cantidade e calidade das curtas recibidas como polo público asistente.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O programa Compostela Activa 2008 recibe 66 solicitudes de participación

13/10/2008

O programa de promoción do emprendemento Compostela Activa 2008, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, recibiu 66 solicitudes de participación nas dúas convocatorias coas que conta. 39 solicitudes presentáronse á convocatoria de Axudas para a creación de novas empresas. As outras 27 foron para o Concurso de Novas Ideas Empresariais, que ten como obxectivo facilitar a posta en marcha dun negocio.

Ler máis

ALCALDÍA

O Consello Económico e Social aproba o documento definitivo do Plan Estratéxico

13/10/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde a xuntanza do Consello Económico e Social que aprobou o documento definitivo coas liñas de execución do Plan Estratéxico da cidade. Dáse así o visto bo á aplicación dun Plan que, xunto co PXOM, marcará a evolución de Compostela durante 12 anos, entre 2008 e 2020.

Ler máis

ALCALDÍA

A conxelación da taxa do lixo sitúa o incremento real das tarifas públicas nun 3%

10/10/2008

Na súa rolda de prensa semanal, o alcalde aludiu ás ordenanzas fiscais para 2009, aprobadas o luns 6 pola Xunta de Goberno. Aclarou que a suba real é do 3%, malia a aplicación do 4,9% do IPC, xa que a tarifa máis importante, a do lixo –que supón uns 6 millóns de euros, non sube. En calquera caso, recordou Sánchez Bugallo que a suba do IPC coincide coa revisión polo mesmo concepto da maioría de contratos do Concello.

Ler máis
Compartir: