CONSORCIO
Sabela García Fonte asume unha "responsabilidade fermosa" como directora técnica da Real Filharmonía
A nova directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, a galega Sabela García Fonte, presentábase esta mañá aos medios de comunicación. Ao acto asistiron, ademais da propia directora técnica, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; o director titular e artístico da orquestra, o mestre británico Paul Daniel, que presidiu o tribunal que avaliou aos candidatos a este posto; e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.
POLÍTICAS SOCIAIS
Comezan este venres os "Almorzos do bo facer"
Co título de "Fala-Escoita", mañá venres, de 9:00 a 11:00 horas, celebrarase o primeiro dos Amorzos do bo facer. Este primeiro almorzo busca crear sinerxias de entendemento entre cooperativas e iniciativas semellantes. Búscase a creación dunha lista con propostas de colaboración entre elas, que logo irán dirixidas ao Concello para que poidan ser materializadas no seo da comunidade. Os Almorzos do bo facer terán lugar durante este último trimestre do ano.
ALCALDÍA
O Goberno fai públicas na web municipal as axendas institucionais de todos os concelleiros e concelleiras
O Goberno local vén de dar un novo paso para mellorar a transparencia do Concello de Santiago, coa publicación na web municipal das axendas institucionais de todos os concelleiros e concelleiras. O primeiro en facer pública a súa axenda diaria foi o alcalde, Martiño Noriega, e posteriormente fóronse sumando a esa boa práctica todos e todas as concelleiras do grupo de Goberno.
ACCIÓN CULTURAL
Primeira reunión en Compostela do proxecto europeo Wom@rts
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, abriu esta mañá a sesión inaugural do proxecto Wom@rts. Women’s Equal Share of Presence in Arts and Creative Industries, unha iniciativa de investigación e acción cultural que coordina o Auditorio de Galicia e na que participan numerosas institucións, entidades e axentes do ámbito europeo, como o Centre Audiovisuele Simone de Beauvoir e a Communauté d’Agglomération dun Grand Angoulême (Francia) o Limerick Institute of Technology (Irlanda), o Hay Festival of...
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Galicreques achegaralle este venres ao público familiar os clásicos "Macbeth" e "El Quijote"
O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, continúa este venres cun total de sete funcións, entre as que destacan as obras Mi primer Quijote, dos aragoneses Teatro Arbolé, e Macbeth. Ya somos el olvido que seremos, dos leoneses de Alauda Teatro. Ademais, o festival instalará unha carpa no Paseo Central da Alameda para acoller diversas.../em>
PLENO
O Concello esíxelle á Xunta unhas instalacións para a Escola Oficial de Idiomas acordes ás necesidades de Santiago de Compostela
O Pleno da Corporación aprobou este xoves unha declaración institucional na que lle esixe á Xunta de Galicia a dotación dunhas instalacións para a Escola Oficial de Idiomas, acordes en tamaño e dotación á demanda do centro. O texto acordado polos catro grupos municipais sinala que, se é preciso, o Concello porá a disposición do Goberno galego unha parcela municipal para acoller o edificio, que podería ser a que xa foi ofertada no seu día en Santa Marta ou calquera outra.
ALCALDÍA
Alfredo, Munehiro Ikeda e Lapin, grandes protagonistas da II edición de "Compostela Ilustrada"
Clases maxistrais, obradoiros, presentacións, noites gastronómicas, exposicións, e unha ducia de artistas chegados de todo o mundo. Todo iso conforma a programación do II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebrará do 9 ao 12 de novembro. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo director do encontro, Miguelanxo Prado, e por Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral, que colabora no evento.
FACENDA
A veciñanza escolle investimentos en mobilidade e espazos de lecer nos orzamentos participativos
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou hoxe o resultado do proceso de orzamentos participativos, que incrementou a participación nun 62% con respecto á edición anterior, con máis de 2.000 votos emitidos e 1.850 novas persoas inscritas nas diferentes fases do programa que se suman ás inscritas no proceso do ano pasado. Isto supón a participación total no proceso de 3.578 persoas.
ACCIÓN CULTURAL
A compañía catalá Zero en Conducta presenta no Galicreques por vez primeira en Galicia a súa montaxe "Dernier danse de Brigitte"
O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, continúa este xoves coa compañía brasileira Valeria & Habib e a formación catalá Zero en Conduta, que presentarán os seus novos espectáculos para o público xeral.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago mostra a súa repulsa ante os actos violentos rexistrados esta noite
O Concello de Santiago manifesta a súa máis enérxica condena aos actos violentos acontecidos esta noite na cidade. Na madrugada, un individuo lanzou un artefacto incendiario de fabricación caseira contra o muro da residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío, e posteriormente, presuntamente a mesma persoa, causou danos en dous caixeiros automáticos do Ensanche, un na confluencia entre as rúas Santiago de Chile e A Rosa, e outro en Frei Rosendo Salvado.