CONSORCIO
Monicreques de entre 2 e 4 metros de altura protagonizan unha innovadora versión de "Romeo e Xulieta" coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de primaria e secundaria no Auditorio de Galicia. O primeiro será o xoves 23, ás 11:00 horas; e o segundo o venres 24, tamén ás 11:00 horas. Ademais, o sábado 25, ás 19:00 horas, a orquestra ofrecerá a mesma actuación, nesta ocasión dirixida ao público familiar, na Cidade da Cultura, no Museo Centro Gaiás. A batuta destes concertos levaraa o mestre romanés Mihnea Ignat, director titular e...
CONSORCIO
O Consorcio conmemora o Día Internacional do Libro coa entrega de publicacións a todos os que visiten a Casa do Cabido este xoves
O vindeiro xoves, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido ao longo da xornada, tanto a adultos como ao público infantil e xuvenil.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o labor do equipo comunitario do barrio das Fontiñas para "lograr unha convivencia positiva entre as familias, na escola e entre os veciños"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Palacio de Congresos e Exposicións á conferencia "Ser mozo hoxe", impartida polo psicólogo Javier Urra, enmarcada no programa A nosa vida en positivo, promovido pola Concello en colaboración co equipo comunitario do barrio de Fontiñas. Asistiron a esta charla alumnos e alumnas de primaria e secundaria dos centros educativos da cidade. Pola mañá, esta conferencia impartiuse a escolares do CEIP das Fontiñas e Monte dos Postes e do IES Antonio Fraguas.
CONSORCIO
O contrabaixo Damián Arenas, músico da Orquestra Sinfónica de RTVE, formará neste instrumento a intérpretes galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o recoñecido músico catalán Damián Arenas formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co contrabaixo.
CULTURA
O Concello pon en marcha de novo as visitas guiadas ao Castelo da Rocha
A Concellería de Cultura retoma, por segundo ano, o programa de visitas guiadas ao Castelo da Rocha tras o éxito acadado na pasada edición, na que participaron 1.332 persoas, coa finalidade de poñer en valor este importante xacemento arqueolóxico achegándoo ao público en xeral. A titula do Departamento, María Antón, presentou en rolda de prensa o calendario de visitas.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de congresos nunha xornada inversa para axencias holandesas
O Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción turística da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, participa nunha xornada inversa para axencias holandesas especializadas en congresos.
TURISMO
Trece produtores galegos participan no Workshop de Compostela Gastronómica
Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, celebra a súa segunda edición do 16 ao 21 de abril. Entre as grandes novidades que presenta nesta ocasión está o Workshop Produtores, un espazo de encontro e networking entre produtores e profesionais e expertos dos sectores de alimentación, gastronomía e restauración de Santiago e de Galicia.
TURISMO E DEPORTES
Máis de 600 corredores populares de 17 provincias xa se inscribiron na carreira nocturna SantYaGo10K
A primeira carreira nocturna SantYaGo10K reunirá en Santiago a corredores populares de polo menos 17 provincias españolas. Ata o momento xa se inscribiron máis de 600 persoas, cando aínda restan tres semanas para a carreira, que será o nove de maio. A maior parte dos afeccionados ao atletismo inscritos son galegos, con persoas das catro provincias, pero é destacable a diversidade de procedencias do resto de España.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local solicita axudas por 2,3 millóns de euros para 352 novas actuacións de rehabilitación nas ARI da Cidade Histórica, Vista Alegre e Pontepedriña
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a solicitude polo Goberno local da participación na convocatoria da Xunta de Galicia enmarcada no programa de renovación e rexeneración urbanas do Plan Estatal de Fomento 2013-2016, dirixida a concellos que teñan declarada algunha ARI no seu termo municipal, como é o caso de Santiago. O Concello demanda así as subvencións para un total de 352 actuacións nas ARI de Vista Alegre, Pontepedriña e Cidade Histórica.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno licita o espectáculo nocturno das Festas do Apóstolo 2015
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, iniciou o procedemento de contratación do espectáculo nocturno das Festas do Apóstolo 2015, por un importe de licitación de 217.800 euros. Na mesma sesión ordinaria acordouse a solicitude a Deputación da Coruña de 17 actuacións culturais para este exercicio.