IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en San Fernando (Cádiz). O seu corpo fora atopado o pasado 3 de xuño, pero foi este xoves cando se confirmou que se tratou dun caso de violencia de xénero.
FESTAS
O Concello sortea convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo para convidados/as
O Concello de Santiago sortea este ano 15 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas.
ALCALDÍA
O alcalde abordará esta vindeira semana o futuro da intermodal coa conselleira de Infraestruturas e coa presidenta de Adif
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou hoxe que o mércores manterá unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. O día anterior reunirase en Madrid coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, nun encontro no que tamén estará presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. Entre os temas previstos na axenda, a estación intermodal e os convenios asinados entre as dúas entidades.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Eslovaquia en España
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe o embaixador de Eslovaquia en España, Jaroslav Blasko, quen asinou no Libro de Honra do Concello. No acto tamén participaron os voceiros dos grupos municipais do PP, Agustín Hernández, e de Compostela Aberta, Martiño Noriega, así coma o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.
ALCALDÍA
Santiago acolle a posta en marcha do proxecto EURE que lidera o Eixo Atlántico
O Concello de Santiago de Compostela acolle hoxe, ao longo de toda a xornada, o acto de lanzamento e presentación do Proxecto EURE, un proxecto financiado por INTERREG EUROPE e liderado polo Eixo Atlántico que ten como obxectivo impulsar as experiencias na mellora das políticas urbanas.
ACCIÓN CULTURAL
Julia Huete gaña o Undécimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas con "Thérèse soñando"
Esta xoves entregáronse os Premios para Novos Artistas Auditorio de Galicia, nun acto no que se inaugurou a mostra que recolle os 35 traballos seleccionados de entre os 109 que se presentaron nesta edición. O 1º premio, valorado en 6.000 €, foi para Thérèse soñando, de Julia Huete; o 2º e dotado con 3.000 €, para Marcos Covelo, por Respiro hierro; e o 3º, de 2.000 €, para o Estudo para galiñeiro, de Roi Domínguez.
CONSORCIO
A Casa do Cabido exhibe a mostra "A paisaxe e a súa pegada", na que catro fotógrafos amosan a súa particular visión do Camiño
No marco do proxecto expositivo Imaxinando Compostela, que o Consorcio de Santiago está a promover vencellado ao Xacobeo 2021, esta mañá inaugurouse unha nova mostra na Casa do Cabido. A paisaxe e a súa pegada I é a primeira parte dunha exposición que terá continuidade cunha segunda mostra que arrincará nos últimos meses do ano. Trátase da visión que catro fotógrafos teñen da paisaxe ligada a Compostela como meta e ao Camiño de Santiago: Alberte Peiteavel, Javier Teniente,.../em>
ALCALDÍA
O alcalde destaca o papel clave da USC para "deseñar o futuro de Compostela"
"A universidade é un elemento fundamental para deseñar o futuro de Compostela". Así se expresou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, antes da reunión que mantivo co reitor da USC, Antonio López.
Os dous destacaron a importancia que a colaboración entre ambas institucións ten para a cidade.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Entregados os premios do concurso Fotolingua
A concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, entregou os premios da IV edición do do concurso Fotolingua. O acto tivo lugar no estudio Sondanza, onde Raquel Pombar realizou a fotografía publicada en Facebook que se fixo co premio do público. Tanto ela, como Xaime Varela, gañador do premio da organización, recibiron de agasallo unha tableta coa que continuar ampliando e divulgando o uso da lingua en Compostela e no mundo virtual.
ALCALDÍA
A preparación do próximo Ano Santo, tema central da reunión entre o alcalde e o arcebispo de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, seguindo a rolda de xuntanzas coas principais institucións da cidade, reuniuse esta mañá co arcebispo de Santiago, Julián Barrio. A preparación dos vindeiros anos santos foi o punto principal tratado no encontro.