MEDIO AMBIENTE

Máis de mil propietarios das parroquias de Sabugueira e Carballal recibiron os seus títulos da concentración parcelaria

12/01/2009

A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, acompañou ao director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido Presas, na entrega de títulos de concentración parcelaria das parroquias da Sabugueria e Carballal. No total son 1.185 propietarios que acceden definitivamente ás 2.803 fincas resultantes deste proceso.

Ler máis

ALCALDÍA

O concello cederá un terreo a FEAFES Galicia para a construción dun centro de atención integral aos enfermos mentais

09/01/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá en Raxoi ao presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia), Xosé Ramón Girón García. Nesta xuntanza, a Federación plantexou a súa intención de construír en Santiago un centro de atención integral a este tipo de enfermos que de servizo a toda Galicia. O alcalde comprometeuse a buscar e ceder un terreo para este centro.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Eixo Atlántico aposta polas cidades educadoras

09/01/2009

A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presidiu esta mañá a xuntanza da Comisión de Desenvolvemento Social do Eixo Atlántico, celebrada no Auditorio de Galicia. Na reunión, á que asistiron representantes das 34 cidades integradas nesta rede, presentouse o estudo "O Eixo Atlántico: un territorio educador, unha comunidade educadora", realizado polas universidades de Santiago, A Coruña, Minho e Tras-os-montes Alto Douro.

Ler máis

TURISMO

"Santiago Repetirás" trae á cidade a cociña do inverno en forma de menús e tapas

09/01/2009

Santiago Repetirás comeza o 2009 enchendo a cidade de menús e tapas de cociña de inverno. Tras dedicar os meses de novembro e decembro á cociña do outono, 36 estabelecementos de hostalaría da cidade ofertan ata marzo menús ou tapas temáticos elaborados con produtos do inverno, prestando unha atención especial á cociña de culler, con cocidos, potaxes, callos...

Ler máis

REFORMA ADMINISTRATIVA

Dous plans directores permitirán ao Concello seguir avanzando no acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos

08/01/2009

A concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, explicou os plans do seu departamento para seguir avanzando no acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Estes proxectos concrétanse a través de dous plans directores, que darán como resultado unha maior accesibilidade e navegabilidade do portal web, a renovación da intranet municipal, a integración das aplicacións informáticas do Concello e unha serie de proxectos específicos.

Ler máis

DEPORTES

Continúa aberta ata o 25 de xaneiro a pista de xeo

07/01/2009

Rematou o Nadal, pero non a posibilidade de seguir patinando sobre o xeo. Ata o 25 de xaneiro estará aberta a pista habilitada en Amio. Ademais, o Concello facilita un ano máis a iniciación á patinaxe sobre xeo cunha campaña escolar entre o 12 e o 22 de xaneiro.

Ler máis
Compartir: