CULTURA
O Auditorio comeza unha nova etapa da man de Xaquín López
O novo director-xerente do Auditorio de Galicia avanzou hoxe a súa intención de mellorar as estratexias de relación do organismo, "apostando por un modelo máis relacional no que se teñan en conta as necesidades dos públicos e no que se garanta a accesibilidade de todos e todas á programación cultural". Foi no transcurso dun encontro cos medios de comunicación no que Xaquín López estivo arroupado polo alcalde.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Programa Municipal de Conciliación de Verán 2017
O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago realiza un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2017 (xuño-xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de...
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina convenios con seis entidades sociais da cidade por importe superior aos 260.000 euros
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asinou esta mañá un lote máis de convenios que ascenden a un total de 263.000 euros. As entidades asinantes foron no día de hoxe Aspanaes, Colexio de Psicoloxía, Proxecto Home, Feafes, Cociña Económica e Albergue Xoán XXIII.
CONVIVENCIA
A Policía Local constata que moitos pais e nais utilizan incorrectamente os Sistemas de Retención Infantil
A Policía Local controlou 243 menores na campaña de vixilancia do uso dos Sistemas de Retención Infantil, e o 30 por cento deles estábanos utilizando de xeito incorrecto. Os principais erros detectados foron os de nenos e nenas que levaban os arneses demasiado frouxos, ou aos que lles saía a cabeza por riba da cadeira. Tamén foron localizados catro menores sen utilizar ningún sistema de seguridade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
As novas empresas de Santiago xa poden solicitar as axudas de Compostela Móvese
Compostela Móvese ten dúas grandes liñas de traballo, unha de axudas a novas empresas, e outra de actividades de dinamización económica, cun orzamento total de 235.000 euros.
ALCALDÍA E IGUALDADE
O Concello súmase á Plataforma Feminista Galega e reclama 120 millóns de euros para loitar contra as violencias machistas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e varios concelleiros e concelleiras da corporación sumáronse esta mañá á convocatoria estatal da Plataforma Feminista Galega para pedir fondos para loitar contra as violencias machistas.
TURISMO
O Pico Sacro acolleu unha cerimonia enmarcada na tradición celta de celebración do solsticio de verán
A Concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, acompañada do Alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, participou na cerimonia de acendido do lume puro do sol, organizada pola Asociación do Castro da Fervenza de Callobre, do Concello de A Estrada, para recuperar o sentido da celebración pagá do solsticio de verán coa obtención do lume por medios naturais no Pico Sacro.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Concerto especial en Cervantes das agrupacións da EMM con motivo do Día Europeo da Música
Faltan só uns días para que se celebre o Día Europeo da Música (21 de xuño). Con motivo desta cita, varias agrupacións da Escola Municipal de Música celebraron un concerto especial na praza de Cervantes. Nesta ocasión, sumouse á cita o grupo de música tradicional Río de Anxo, de Rianxo.
FACENDA
Continúan as asembleas de propostas dos orzamentos participativos
O proceso dos orzamentos participativos Compostela Decide prosegue o seu curso, despois de arrancar o prazo para propoñer, aberto ata o 30 de xuño.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada definitivamente a expropiación do uso da antiga casa do conserxe do CEIP Lamas de Abade
A Xunta de Goberno deu hoxe un paso importante de cara a que o CEIP Lamas de Abade sexa dotado de novas aulas. Foi coa aprobación definitiva da expropiación do dereito de uso da antiga casa do conserxe do centro, que agora utilizaba unha familia sen ningunha relación co colexio.