POLÍTICAS SOCIAIS
Os centros cívicos e escolares súmanse á campaña de doazón de órganos "7 vidas"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe da campaña de Alcer Coruña para o fomento da doazón de órganos que leva por nome "7 vidas". Na rolda estivo acompañada polo vocal da Asociación, Alfredo Saborido.
DEPORTE
Nove centros escolares participarán na II edición do programa "Coñece o squash"
Chega a segunda edición do programa Coñece o squash, desenvolvido por primeira vez o pasado curso nos centros escolares de Santiago. Trátase dunha proposta da Federación Galega de Squash e do Concello, presentada este mércores pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e polo presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya.
CONVIVENCIA
A Policía Local imparte en Aspas unha nova xornada de seguridade viaria
As persoas usuarias de Aspas veñen de participar nunha nova xornada de seguridade viaria, impartida pola Policía Local de Santiago. Desta vez, a actividade xirou en torno á mobilidade peonil e ciclista.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a mellora do sistema de ventilación e limpeza do lousado da capela do Cristo de Conxo
O Consorcio de Santiago saca a concurso a mellora do sistema de ventilación e limpeza do lousado da capela do Cristo da igrexa de Santa María de Conxo, co fin de eliminar o seu escuremento húmido, por un importe de 67.217,23 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 8 de outubro para presentar as súas propostas. Prevese un período de execución de catro meses.
ALCALDÍA
O alcalde participa en Ávila na conmemoración do 25 aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio
O alcalde participou onte e hoxe en Ávila na celebración do 25 aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Este mediodía, Martiño Noriega asistiu ao acto central de conmemoración, presidido polo Rei Felipe VI.
MOCIDADE
Nace o proxecto "Jam de Barrio" para profesionalizar dous proxectos musicais emerxentes de Compostela
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, deu conta hoxe dunha nova actividade elixida nos Orzamentos Participativos Compostela Decide, que leva por nome Jam de Barrio. Na rolda estivo acompañada polo propoñente e coordinador da actividade, Xabier Mera.
POLÍTICAS SOCIAIS
O CSC de Santa Marta acolle a terceira edición en Santiago do programa Vives Emplea
Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, visitou hoxe a terceira edición do programa Vives Emplea no Centro Sociocultural de Santa Marta.
MEDIO AMBIENTE
Cinco cidades europeas implantarán a metodoloxía do proxecto Tropa Verde, recoñecida como boa práctica a nivel continental
Santiago acolle durante este martes e mércores unha xornada de traballo no marco do programa europeo Urbact III (2014-2020), un proxecto de intercambio e aprendizaxe que promove o desenvolvemento urbano sustentable e integrado, englobando 550 cidades, 29 países e 7.000 axentes locais activos.
ESPAZOS CIDADÁNS
Asinado o convenio de colaboración para a creación do Parque Compostela Rupestre
Os concellos de Santiago, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra e a Deputación da Coruña asinaron hoxe o convenio de colaboración que dará luz verde á creación do Parque Compostela Rupestre. O proxecto será financiado polo organismo provincial, con 500.000 euros.
ALCALDÍA
Asinado o convenio de cesión da parcela para a futura residencia de maiores de Fontiñas
O alcalde e o conselleiro de Política Social asinaron este luns o acordo polo que o Concello de Santiago lle cede ao departamento autonómico unha parcela para a construción dunha residencia para persoas maiores no barrio de Fontiñas. Martiño Noriega e José Manuel Rey Varela salientaron o clima de colaboración institucional que "permitiu axilizar esta sinatura despois de meses de traballos técnicos".