CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de conservación da igrexa de San Pedro de Busto
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Pedro de Busto, do século XII, situada na parroquia de Busto. O organismo interadministrativo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 35.385,46 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o vindeiro 22 de maio.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia achega esta semana aos nenos e nenas o conto clásico "Pedro e o lobo", de Prokofiev
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de Primaria. O primeiro será este mércores 26, ás 11:00 horas; e o segundo o xoves 27, tamén ás 11:00 horas. Ambas as dúas citas terán lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
CONSORCIO
A Casa do Cabido chega ao seu visitante número 100.000, cando se cumpren cinco anos da súa apertura como museo
O Consorcio de Santiago rehabilitou por completo en 2011 o edificio barroco coñecido como Casa do Cabido, situado na praza das Praterías, unha das principais expresións da arte barroca na cidade, trazado por Clemente Fernández Sarela no século XVIII. O 10 de xaneiro de 2012 abría as súas portas como sede de exposicións temporais promovidas dende o organismo interadministrativo. Esta semana acadouse o visitante número 100.000, logo de cinco anos da apertura do inmoble con uso cultural, cunha media de 20.000 visitantes ao ano.
DEPORTE
Máis de 800 estudantes celebrarán o Día da Educación Física na Rúa
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu a coñecer esta mañá os actos para celebrar o Día da Educación Física na Rúa, que terán lugar este martes 25 de abril na praza da Quintana. Na rolda estivo o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda; o profesor de Educación Física do centro, Pablo Alén; e un dos alumnos organizadores, Raúl Lorenzo.
LINGUA
Os vídeos inscritos na I edición de Youtubeir@s superan xa a centena na recta final do concurso
Youtubeir@s - Concurso de Vídeos na Rede pecha o prazo de inscrición o próximo venres 28 de abril ás 00:00 horas. Despois de cinco meses de concurso, esta primeira edición de Youtubeir@s rematará con máis de cen vídeos inscritos.
TURISMO
A Semana Santa anticipa unha boa temporada turística en Compostela
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, valoraron os resultados da segunda edición de Santiago Paixón Doce, programa gastronómico que naceu o ano pasado coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade durante a pasada Semana Santa. Tanto o Concello como a Asociación fixeron unha valoración positiva dos resultados desta segunda edición.
PATRIMONIO
O IV Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio chega este sábado a Santiago
O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Historia, acollerá este sábado 29 de abril, ás 20:30 horas, un concerto do IV Ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio, unha iniciativa froito do convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz / Escola Superior de Música Raíña Sofía e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que permite ofrecer de forma gratuíta ao público unha selección da mellor música de cámara en espazos históricos,...
CONSORCIO
O recoñecido oboísta alemán Stefan Schilli formará a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do aclamado oboísta alemán Stefan Schilli. Xunto ao alumnado da Escola, tamén poden asistir intérpretes externos ao centro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a expropiación definitiva da vivenda vinculada ao CEIP Lamas de Abade
A Xunta de Goberno aprobou este venres, de maneira definitiva, a expropiación do dereito de ocupación da vivenda localizada no recinto do CEIP Lamas de Abade. Foi despois de rexeitar as alegacións presentadas pola persoa que tiña o dereito de uso da edificación, malia a non ter ningunha relación co centro educativo. Agora, a persoa afectada terá 20 días de prazo para presentar alegacións no que ten que ver coa indemnización que recibirá, e despois a vivenda será posta a disposición da Consellería...
ALCALDÍA
O Goberno comprométese a impulsar un centro de tecnificación dos deportes de raqueta en San Lázaro
O alcalde anunciou hoxe o compromiso do Concello co impulso dun centro de tecnificación dos deportes da raqueta, no contorno do Estadio Municipal de San Lázaro. Foi despois da reunión que Martiño Noriega mantivo esta mañá cos presidentes das federacións Galegas de Tenis de Mesa, José Alborés; Bádminton, Rodrigo Sanjurjo; e Squash, Carlos Noya.