XUNTA DE GOBERNO
O programa "Compostela Móvese" busca a dinamización do tecido empresarial da cidade
A Xunta de Goberno aprobou o programa Compostela Móvese 2015, promovido pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Este programa conta cunha liña de axudas á creación de empresas e outra de actividades de dinamización económica.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cos responsables do Padroado do Museo do Pobo Galego
O alcalde de Santiago vén de realizar unha visita ao Museo do Pobo Galego, acompañado polos membros do seu Padroado. Martiño Noriega tomou boa nota dos proxectos máis inmediatos da institución, que preside Xusto Beramendi.
ALCALDÍA
Santiago e Oroso recuperan o proxecto das Vías Verdes a Compostela
O alcalde de Santiago recibiu hoxe ao seu homólogo en Oroso, dentro da rolda de contactos que vén mantendo cos rexedores da comarca. Martiño Noriega e Manuel Mirás repasaron os asuntos que teñen en común os dous municipios, e amosaron o seu desexo de recuperar o vello proxecto das Vías Verdes a Compostela.
CONVIVENCIA
O Goberno local e os Bombeiros empezan a negociar o Plan Director do Corpo
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia reuniuse este mediodía coa Xunta de Persoal e co xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez, para avanzar na redacción do Plan Director do Corpo. Xan Duro estudou a proposta presentada polos traballadores, que considera un bo punto de partida para o que terá que ser o documento final.
EDUCACIÓN
Convocada unha Xunta de Voceiros para que se apoie de forma conxunta ao CEIP de Vite
A voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, púxose en contacto esta mañá cos voceiros do PP, Agustín Hernández, PSdG-PSOE, Paco Reyes, e do BNG, Rubén Cela, para buscar o apoio de todos os grupos ás reivindicacións da ANPA do CEIP de Vite.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Reunión da Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio
Este venres celebrouse na sede da Casa Árabe en Madrid a reunión de constitución da nova Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, tras as recentes eleccións municipais. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu a esta xuntanza.
CONVIVENCIA
O Goberno municipal lembra que os vehículos cun peso superior a 5,5 toneladas non poden circular pola rúa de San Pedro
O Goberno local quere lembrar aos composteláns que teñen prohibido o paso pola rúa de San Pedro os vehículos dun peso superior a 5,5 toneladas. Deste xeito permítese a circulación dos turismos, autobuses urbanos, vehículos de emerxencia e carga e descarga no horario correspondente.
POLÍTICAS SOCIAIS
A I Liga Compostelá de Futbolín remata co Play Off e co Master Compostela Futbolín
A Concellaría de Políticas Sociais organizou no mes de setembro unha liga de futbolín en catro centros socioculturais diferentes: Cruceiro da Coruña, Castiñeiriño, Conxo e Amio. En cada sede competiron 25 parellas de mozas e mozos. O obxectivo da actividade é ofrecer "actividades de ocio alternativas para mozos e mozas", tal e como asegurou esta mañá a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.
LINGUA
MoKsín, tenda gañadora do III Premio de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, acolle unha actuación de Mónica de Nut
O III Premio de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, recaeu na tenda MoKsín, por unha campaña bautizada como "Zapatos e outras historias" e na que os clientes da tenda e o galego teñen un papel protagonista. Como parte desta campaña, o establecemento (rúa Montero Ríos, 29) acolle unha actuación de Mónica de Nut.
TURISMO
Santiago de Compostela promociónase na feira turística máis importante de Xapón
Turismo de Santiago participa na Jata Tourism Expo Japan 2015, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 24 e o 27 de setembro en Tokio. O posto promocional de Santiago sitúase no pavillón de Turespaña. Esta feira reúne os principais profesionais do sector turístico xaponés, touroperadores, axentes de viaxes, xornalistas especializados…, polo que é o punto de encontro ideal para presentar a cidade.