ALCALDÍA
Constituída a comisión interadministrativa do VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á consitución da comisión interadministrativa con motivo do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. O acto estivo presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
COMERCIO
"Estrea Estilo!" convida o pequeno comercio compostelán a presentar as súas coleccións outono-inverno nun escenario especial
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou o programa de dinamización comercial Estrea Estilo!, acompañada das súas organizadoras, Mónica Mejías e Elena E. Sánchez, da empresa Correveydile. Trátase dunha xornada na que o pequeno comercio compostelán poderá presentar, exhibir e vender as novas coleccións outono inverno 2013-2014 en diversos espazos do Hotel Araguaney. O evento celebrarase o sábado 19 de outubro, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas. O prazo de inscrición estará aberto...
DEPORTES
Uns 60 nenos e nenas participaron na 3ª Xornada de Portas Abertas do Balonmán
O pavillón do Restollal acolleu a terceira edición da Xornada de Portas Abertas do Balonmán organizada polo Club Balonmán Ribadosar coa colaboración da Concellería de Deportes, Gadis, Adega Abrigadoiro e Federación Galega de Balonmán.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Olga Rostropovich, convidada de honra do Festival Peregrinos Musicais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu e a Olga Rostropovich, no marco do III Festival Internacional Peregrinos Musicais, que se celebra do 22 ao 27 de setembro. A filla do mestre Mstislav Rostropovich é a convidada de honra do certame, promovido pola Asociación Peregrinos Musicais co apoio do Concello de Santiago e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
FACENDA
O Concello habilita máis de 600.000 euros do seu remanente para investimentos
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, informou sobre os puntos tratados na Comisión de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas. O principal asunto, que será sometido á aprobación do Pleno municipal, foi a habilitación de partidas extraordinarias por un importe total de 628.000 euros para investimentos, procedentes do remanente positivo do exercicio 2012.
EDUCACIÓN
Os pequenos da Escola Infantil de Salgueiriños deron a benvida ao outono cunha festa da vendima
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou a Escola Infantil de Salgueiriños con motivo da realización dunha actividade sobre a vendima na que participaron as familias e os nenos. Esta particular festa didáctica deu a benvida ao outono e ao novo curso 2013-2014.
CULTURA
Máis de 40 propostas no Programa Didáctico do Auditorio para o curso 2013-2014
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentaron aos medios o Programa Didáctico do Auditorio de Galicia para o curso 2013-2014. Este programa está moi ampliado para este curso cun total de 107 funcións de 42 propostas distintas de concertos, representacións teatrais e espectáculos de variados estilos dirixidos a escolares de todas as idades, dende a Educación Infantil ata o Bacharelato.
DEPORTES
Gran xornada solidaria do rugby en Santiago
O pasado sábado celebrouse no campo de atletismo da Universidade de Santiago o torneo benéfico de veteranos en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Angrois. No mesmo participaron 150 xogadores chegados dende todos os puntos da xeografía española, que se distribuíron en cinco combinados, coa presenza destacada da Selección Española, na que militaban lendas do rugby nacional como Alberto Malo, Jon Etxeberría ou Julio Álvarez de Temiño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comezou a Semana Cultural da Rocha
A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis na Semana Cultural da Rocha, que cumpre a súa IX edición. Organizada polas sempre activas Asociación Cultural A Rocha Forte e Asociación de Veciños da Rocha Vella "Serafín Zas", desenvolverase no Local Sociocultural da Rocha do 24 ao 28 de setembro. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e outros membros da Corporación asistiron á apertura destas xornadas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Exposición de monicreques de xoguete na Casa das Asociacións de Cornes
Do 28 de setembro ao 6 de outubro de 2013 celébrase en Santiago de Compostela a XVIII edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques. No marco da mesma, a Casa das Asociacións de Cornes acolle unha exposición de monicreques ata o 15 de outubro.