TURISMO
Turismo de Santiago acode por primeira vez ao principal evento aeronáutico de Europa
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, anunciaron a participación da entidade municipal de promoción turística da cidade por primeira vez no Routes Online Europe, que nesta edición se celebra en Bilbao do 22 ao 24 de abril.
DEPORTE
Case 850 escolares de Compostela participarán nas actividades do Día da Educación Física na Rúa
O vindeiro 25 de abril, a praza da Quintana acolle as actividades de celebración do Día Internacional da Educación Física, que se celebra na nosa cidade dende hai varios anos. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e por Álvaro Rivas, profesor de Educación Física do IES Rosalía de Castro.
XUNTA DE GOBERNO
Solicitada a inclusión na EDUSI dun programa de emprego que lle dará continuidade ás sendas verdes do río Sar
A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda o proxecto "Iniciativa urbana sostible de patrimonio natural e emprego", para a súa inclusión na EDUSI e, xa que logo, o seu financiamento con fondos europeos FEDER. O programa está orzado en 360.000 euros e permitirá a contratación de 27 persoas desempregadas que acometerán os traballos de acondicionamento de novas sendas peonís, así como traballos de rehabilitación enerxética en inmobles municipais.
PLENO
Aprobada a adhesión ao convenio para desenvolver o proxecto "Compostela Rupestre"
O Pleno da Corporación aprobou na súa sesión ordinaria de abril a adhesión do Concello de Santiago ao convenio para regular o desenvolvemento do proxecto Compostela Rupestre. O acordo será asinado pola Deputación da Coruña e os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra, co obxectivo de promocionar de forma conxunta o patrimonio rupestre dos diferentes municipios
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música e Circonove ofrecen este sábado un concerto con motivo do Día Internacional do Circo
Este sábado 21 de abril, ás 12:30 horas, a Finca de Vista Alegre terá lugar Concerto Extraordinario Día Internacional do Circo, protagonizado pola Escola Municipal de Música e a compañía Circonove. A sesión musical terá lugar diante do edifico da EMM, trasladándose ao interior do centro en caso de choiva.
ACCIÓN CULTURAL
O segundo Encontro Aberto co Sector Cultural pon o foco na promoción e na innovación das industrias culturais e creativas
A Concellaría de Acción Cultural mantén aberto un foro de diálogo e traballo en común entre axentes culturais, persoal técnico, responsables municipais e cidadanía para fomentar a participación da veciñanza nas políticas culturais públicas de Santiago de Compostela e o traballo en colectivo no sector. O segundo dos encontros abertos de 2018 centrarase na promoción das Industrias Culturais e Creativas (ICC’S), no fomento da innovación neste eido e na procura de oportunidades de colaboración con...
ESPAZOS CIDADÁNS
Comezan os trámites para a modificación do PXOM nos ámbitos da Finca do Espiño e do vello Colexio Peleteiro
O Pleno da Corporación municipal debaterá esta tarde a proposta para remitir á Xunta as modificacións puntuais do PXOM nos ámbitos do vello Colexio Peleteiro e da Finca do Espiño, co obxectivo de que a Secretaría Xeral de Calidade Ambiental inicie os correspondentes procedementos de avaliación ambiental.
MEDIO AMBIENTE
A Concellaría de Medio Ambiente impulsa un novo proxecto de compostaxe doméstica na zona rural
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia está a impulsar un novo proxecto de compostaxe doméstica na zona rural de Santiago, que nunha primeira fase chegará ás parroquias de Grixoa e Figueiras. A iniciativa ponse en marcha en colaboración con Adega, e inicialmente poderán participar cen fogares. O concelleiro Xan Duro presentou onte o proxecto nunha xuntanza na parroquia de Grixoa.
PLENO
A Corporación insta ao Goberno galego a reforzar os recursos materiais e profesionais no servizo de Urxencias do CHUS
O Pleno da Corporación acordou hoxe instar á Consellería de Sanidade e á xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a reforzar os medios materiais e humanos no servizo de Urxencias no CHUS, tal e como veñen reclamando os traballadores e traballadoras. Foi a través dunha moción presentada por Compostela Aberta, que contou co respaldo de BNG e PSOE, mentres que o PP abstívose.
PLENO
O Concello de Santiago remite á Xunta os cambios do PXOM no antigo Peleteiro e na Finca do Espiño para a súa avaliación ambiental
O Pleno da Corporación Municipal acordou hoxe remitir á Xunta de Galicia as modificacións puntuais do PXOM nos ámbitos do vello Colexio Peleteiro e da Finca do Espiño, para que a Secretaría Xeral de Calidade Ambiental inicie os correspondentes procedementos de avaliación ambiental. No caso do PERI-12 de Peleteiro, a decisión foi adoptada por unanimidade, mentres que no relativo á Finca do Espiño o acordo contou cos votos a favor de Compostela Aberta e do PSOE e a abstención de PP e BNG. Todos os grupos da...