EMPREGO

Os participantes no Programa Persoa IV rematan a fase de prácticas

19/08/2009

Os participantes no Proxecto Persoa IV, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica e Emprego, remataron o período de prácticas e entran na última fase do programa, a de apoio á colocación. 50 persoas (o 83,33% dos participantes) realizaron prácticas en 33 entidades ou empresas.

Ler máis

CULTURA

Póñense á venda os abonos para a décima edición do Ciclo de Lied de Santiago

19/08/2009

O xoves 20 de agosto póñense á venda no servicio telefónico de taquilla de Caixa Galicia (teléfono 902 434 443) os abonos para a décima edición do Ciclo de Lied de Santiago de Compostela, que se celebrará durante os meses de setembro e outubro. O abono para os catro concertos ten un prezo de 15 euros. As entradas soltas para cada un dos concertos poden adquirirse a partir do 8 de setembro (6 euros). Tanto as entradas como os abonos tamén se poderán adquirir na billeteira do Teatro Principal a partir do 7 de setembro.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Vinte e tres rapaces parten cara a Fervenza do Toxa para participar en "AnimaLingua"

17/08/2009

Os 23 participantes no programa AnimaLingua partiron dende a dársena de autobuses de Xoán XXIII cara a granxa-escola da Fervenza do Toxa, en Silleda. Os nenos e nenas foron despedidos polos seus pais e tamén pola concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez. Os rapaces, de entre 8 e 11 anos, estarán en Silleda ata o 26 de agosto.

Ler máis

CULTURA

A Quintana acolle unha proposta limpa de artificio da Orquestra Sinfónica de San Petersburgo

17/08/2009

O Festival dos Abrazos comeza unha nova semana ofrecendo á cidadanía de Compostela e aos turistas unha oportunidade excepcional para revisitar o patrimonio da cidade a través de propostas musicais internacionais de primeira orde. Despois de que o parque de Bonaval acolla o abrazo entre o jazz neoiorquino máis mítico e os novos vieiros do jazz feito en Galicia, da man do Bill Goodwin Quartet, a praza da Quintana acollerá o martes 18 a singular proposta –limpa de todo artificio- da Orquestra Sinfónica de San Petersburgo.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela renovou o seu voto a San Roque

16/08/2009

A alcaldesa en funcións, Mar Martín, e varios membros da Corporación municipal participaron no tradicional acto de voto da cidade de Santiago a San Roque. Esta vez o acto celebrouse na igrexa de San Miguel dos Agros, polas tarefas de restauración que se están a realizar no retablo da capela de San Roque.

Ler máis
Compartir: