MEDIO AMBIENTE

Unha invitación a descubrir o Sarela de ponte a ponte

25/06/2008

A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, acompañada de Paula Piñeiro, xerente de Aquagest en Santiago, presentou en rolda de prensa o roteiro De ponte a ponte, polo río Sarela, que será divulgado a través dun folleto despregable. O roteiro e o folleto son froito da colaboración entre a Concellaría do Medio Ambiente e a empresa Aquagest, empresa concesionaria da rede de abastecemento de augas do municipio.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello únese a unha campaña de sensibilización social "Panos brancos contra a droga"

24/06/2008

A campaña "Panos brancos contra a droga" é un movemento social de rexeitamento ás drogas e ao narcotráfico. Promóveo a Fundación Galega contra o Narcotráfico e este 2008 sae por primeira vez do Salnés para recalar en Santiago de Compostela cunha serie de actos previstos para o xoves 26 de xuño, data en que se celebra o Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O estudo urbanístico do polígono industrial do Tambre completarase coa información achegada polos empresarios

24/06/2008

O 25 de xuño, ás 20:00 horas, o Centro Empresarial, sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, acollerá unha reunión de empresarios co obxectivo de recoller a máxima información posible para completar o estudo realizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo sobre a adaptación do urbanismo da zona á normativa vixente nesta materia.

Ler máis
Compartir: