DEPORTE
Máis de 40 disciplinas deportivas e 11 colexios participantes na segunda edición da Festa do Deporte
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta esta mañá de todos os detalles da segunda Festa do Deporte, que se celebrará en varias localizacións de Compostela o venres 28, de 10:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas, e o sábado 29, de 10:30 a 14:30 horas. Na rolda estivo acompañada polo piloto de rallys, Luis Penido e por Alba Torres, xogadora do Victoria FC.
TURISMO
A Alameda acolle o "Rilla na rúa" do 27 ao 30 de setembro, con actividades para toda a familia e a mellor street food
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe unha nova proposta de lecer e gastronomía que terá lugar de xoves a domingo no paseo central da Alameda. Na rolda estivo acompañada do director de Radio Galicia, Mario Moreno, e de Iago Sánchez, director de eventos de Elemental Street.
EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL
A praza do Obradoiro acollerá unha exposición sobre embarcacións tradicionais de Galicia
Os edís de Educación e de Acción Cultural, Manuel Dios e Branca Novoneyra, deron conta hoxe de varias accións que se desenvolverán nas vindeiras semanas en torno ao coñecemento das embarcacións tradicionais galegas. Na rolda tamén estiveron Manuel García Sendón, presidente de Culturmar, e Pablo Carrera López, director da mostra.
ALCALDÍA
Compostela e Tanabe reforzan a difusión conxunta do Camiño de Santiago e o Kumano Kodo
O alcalde de Santiago recibiu hoxe a unha delegación da localidade xaponesa de Tanabe, encabezada polo seu alcalde, Mitsutoshi Manago. Os dous comprometéronse a reforzar a colaboración institucional, de cara á promoción conxunta do Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Dende febreiro de 2015, os/as peregrinos/as que percorren os dous itinerarios reciben o chamado Pasaporte Dual, que xa conseguiron case 1.500 persoas.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto cumpre quince anos conxugando celebracións e vangarda
Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine cumpre este 2018 quince anos, e faino mantendo o seu espírito explorador sen esquecerse das ben merecidas celebracións. Deste xeito, mantense a procura de novas formas e linguaxes cinematográficas no cinema mundial ao tempo que a programación inclúe seccións que xuntan o espírito vangardista co festivo e enfatizan o vínculo do festival coa cidade.
MOBILIDADE E POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago celebra o Día da Accesibilidade cun roteiro en cadeira de rodas
Por terceiro ano consecutivo celebrouse en Santiago o Día da Accesibilidade, no marco das actividades da Semana Europea da Mobilidade. Levouse a cabo unha actividade chamada "Ponte no meu lugar", un roteiro en cadeira de rodas organizado por Cogami e o Concello de Santiago para amosar as dificultades coas que se atopan a diario as persoas con mobilidade reducida.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este sábado unha vítima en Úbeda (Jaén).
IGUALDADE
A praza de Cervantes acolle este sábado a segunda edición do Festival Rosalía
Baixo o lema "unha cultura con superpoderes", a praza de Cervantes acolle, por segundo ano, o Festival Rosalía, organizado pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, deron conta hoxe dos detalles do Festival, que se celebra este sábado de 11:00 a 21:00 horas.
ALCALDÍA
O Concello volverá apoiar a celebración da Gala do Libro Galego na súa vindeira edición de 2019
A IV Gala do Libro Galego volverase celebrar en Compostela en 2019, grazas á colaboración do Concello. O alcalde, Martiño Noriega, comprometeu o apoio institucional á iniciativa, que "por cuarto ano consecutivo xuntará os esforzos de todo o sector do libro nun evento único".
POLÍTICAS SOCIAIS
A praza de Abastos vístese de branco e verde para reivindicar máis apoio para a loita contra o Alzheimer
Agadea Alzhéimer realizou este sábado no Mercado de Abastos un acto de sensibilización co que achegou información ás persoas que se acercaron ata a mesa informativa da entidade. Alí, a presidente de Agadea, Isabel Gey, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, repartiron mandilóns e bolsas da compra reivindicativas sobre o Alzheimer.