TURISMO

O concelleiro de Turismo recolleu para Compostela o premio ao Mellor Destino Turístico Internacional en Brasil

27/03/2008

Santiago de Compostela recibiu o premio a Mellor Destino Turístico Internacional dentro do certame "Os dez máis o Turismo de 2007", organizado pola Brasil Travel News e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens. O premio foi recollido, de mans de Teresa Ortiz, directora da Oficina Española de Turismo en Brasil, polo concelleiro de Turismo, Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias.

Ler máis

TURISMO

Xosé Manuel Iglesias visita a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro e a Cámara Oficial Española de Comercio en Brasil

26/03/2008

Aproveitando a súa estancia na cidade brasileira de São Paulo, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, está a manter varias reunións de traballo con diversos axentes. Así, logo de ser recibido polo equipo directiva da Sociedade Hispano Brasileira, Iglesias visitou a Sociedade de Beneficencia Rosalía de Castro e a Cámara Oficial española de Comercio en Brasil.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello ofrecerá ao IMELGA unha parcela axeitada para a súa nova sede

26/03/2008

O Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) ten proxectado construír unha nova sede e o Concello colaborará na cesión dunha parcela axeitada para o edificio. Para falar deste tema, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co director do IMELGA, Benito López de Abajo, e co xefe do servizo de Patoloxía Forense, José Blanco Pampín.

Ler máis

CULTURA

Teatro Galileo reflexiona sobre os efectos perversos da avaricia

26/03/2008

Un dos clásicos de Molière, O avaro, chega ás táboas ao Principal na xornada na que se celebra o Día Mundial do Teatro. O xoves 27 e o venres 28, os composteláns teñen a oportunidade de gozar dunha obra que nunca deixa de estar de actualidade pola súa reflexión en torno aos efectos da avaricia.

Ler máis

COMERCIO

Media Lúa gaña o Concurso de Escaparatismo

26/03/2008

A tenda de marroquinería Media Lúa, ubicada na rúa Travesa número 5, é o comercio gañador do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping" 2007 , fallado o 26 de marzo e convocado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Media Lúa foi o establecemento que tivo unha maior presenza e continuidade ao longo das catro edicións anuais do certame, xa que quedou en primeira posición na edición de Primavera e en terceiro lugar nas de Verán e Outono.

Ler máis

COMERCIO

A Gala do Comercio homenaxeará a cinco establecementos de Santiago

26/03/2008

Farmacia Valdés, Joyería Frade, Novedades Carmiña, Mercería Algui e Morandeira Moda son os cinco establecementos que van ser homenaxeados na III Gala do Comercio, "Compostela capital de compras", que celebrará o 10 de abril no Teatro Principal dentro do programa de actividades deseñadas baixo o lema Marzo, mes do comercio.

Ler máis
Compartir: