ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu a directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu a Xunta Directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM (Sociedade Española de Investigación Ósea e do Metabolismo Mineral), que se celebra en Santiago do 5 ao 7 de novembro. O rexedor participará mañá xoves na inauguración oficial do evento, que reúne prestixiosos especialistas nacionais e internacionais.
CULTURA
Á venda as entradas para o festival Cineuropa dos días 9 ao 20 de novembro
Este domingo 9 de novembro inaugúrase a 28ª edición de Cineuropa e a partir de deste mesmo xoves poderán mercarse xa entradas do festival. Ademais, tamén se poderán comprar os abonos de Cineuropa, que xa están dispoñibles no despacho de billetes dende este martes.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á conferencia de Juan Carlos Escotet, vicepresidente de Abanca, sobre a estratexia financeira de Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á conferencia que Juan Carlos Escotet, vicepresidente de Abanca, ofreceu na Cámara de Comercio.
PREMIO
José Ovejero recibiu o Premio Bento Spinoza de Ensaio por "La ética de la crueldad"
A concellería María Jesús Sáinz asistiu no IES Rosalía de Castro ao acto de entrega do IV Premio Bento Spinoza de Ensaio a José Ovejero, pola súa obra La ética de la crueldad.
CONSORCIO
Miguelanxo Prado ofrece unha conferencia no Museo das Peregrinacións e de Santiago sobre os seus 30 anos de traxectoria profesional
O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a principios de agosto a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías. Trátase dunha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira destas características que se realiza en Galicia. Este mércores 5 de novembro, ás 18:00 horas, Miguelanxo Prado ofrecerá unha conferencia no museo titulada Espello retrovisor, centrada nos seus trinta anos de traxectoria profesional. A entrada ao acto é.../em>
TURISMO
Turismo de Santiago promociona Compostela no mercado británico, o cuarto internacional máis importante para a cidade
Turismo de Santiago está promocionando a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que se celebra en Londres entre o 3 e o 6 de novembro.
ALCALDÍA
A Policía Local de Santiago recibe unha placa de recoñecemento ao mérito colectivo da Academia Galega de Seguridade Pública
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de entrega dunha placa de mérito colectivo á Policía Local de Santiago. Ao acto, celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, asistiu tamén o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.
ALCALDÍA
Visita institucional ás novas instalacións da Asociación Sarela en Tras Paxonal
A primeira tenente de alcalde, Teresa Gutiérrez, visitou xunto co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, o novo centro de Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, situado no número 3 da rúa Pedro Cabezas González, en Tras Paxonal.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago comeza as obras no Multiúsos do Sar para atallar as filtracións da auga da chuvia ao interior do edificio
O Consorcio de Santiago vén de adxudicar a obra de eliminación de filtracións pluviais no Multiúsos do Sar por un importe de 95.469 euros. A empresa Proyecon Galicia, S.A. acaba de comezar os traballos e estímase que as diferentes intervencións estean rematadas no prazo de dous meses.
PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio e a Unidade Militar de Emerxencias asinan un convenio en materia de protección de bens culturais
A Sala Histórica do Cuartel Xeral da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na base de Torrejón de Ardoz, acolleu a sinatura dun convenio de colaboración entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e a UME. Subscribiron o acordo o presidente do Grupo e alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello, e o xefe da UME, o tenente xeneral do Exército de Terra César Muro.