SEGURIDADE E MOBILIDADE
En marcha a terceira edición do plan formativo destinado a condenados por delitos de seguridade viaria
Durante os meses de outubro e novembro desenvólvese este curso, promovido por Institucións Penitenciarias, que ten como destinatarios a aqueles habitantes da zona de Compostela que foron condenados a penas consistentes en traballos en beneficio da comunidade derivadas de delitos contra a seguridade viaria. Este sábado impartiu o curso a oficial da Policía Local de Santiago, Diana Parente, no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O barrio de Conxo viviu a Festa das Cabazas
Un ano máis, o barrio de Conxo viviu a súa Festa das Cabazas, organizada pola Coordinadora de Festas Tradicionais do Barrio de Conxo, integrada pola Asociación de Veciños Conxo Aberto, a Asociación de Comerciantes Espertaconxo, a Asociación de Música Tradicional de Conxo e o Centro Sociocultural de Conxo. Esta terceira edición contou tamén cun magosto, ao que estaban convidados non só os veciños e veciñas de Conxo, senón de toda Compostela. O alcalde, Agustín Hernández, e varios...
ALCALDÍA
Agustín Hernández aposta por un maior protagonismo das rexións e dos seus parlamentos no ámbito europeo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á sesión inaugural da Asemblea Xeral da Conferencia de Asembleas Lexislativa Rexionais de Europa (CALRE), da que forman parte oito países da Unión Europea: Bélxica, Alemaña, Italia, Austria, Portugal, Reino Unido, Finlandia e España).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa aberta a inscrición no obradoiro "Pequenos cineastas: viaxamos a Bollywood"
O programa Compostela Cine Classics ten preparada unha proposta de catro sesións consecutivas dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos para achegarlles ao universo do cine de Bollywood (India), unha das industrias cinematográficas mais importantes. Aínda quedan prazas neste obradoiro, titulado Pequenos cineastas: viaxamos a Bollywood.
XUNTA DE GOBERNO
Autorizada a licenza para unha nave de 8.000 metros cadrados na Sionlla destinada á venda de materiais de construción
A Xunta de Goberno autorizou as obras de construción dunha nave para a venda de materiais de construción e aparcadoiro, nunha parcela da rúa País Vasco, no parque empresarial da Sionlla.
XUNTA DE GOBERNO
Novos semáforos para peóns fronte ao IES Rosalía de Castro e no Camiño Francés
O alcalde, Agustín Hernández, anunciou a próxima colocación de novos semáforos para peóns en dous puntos cun importante tránsito de viandantes: nas proximidades do Instituto Rosalía de Castro e na avenida do Camiño Francés. A Xunta de Goberno aprobou a apertura do procedemento para adxudicar o subministro e a instalación destes elementos, por un importe total de 62.767 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a dotación de mobiliario do futuro Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga
A Xunta de Goberno abriu o procedemento para adxudicar o subministro e instalación de mobiliario do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. Destínanse 47.824 euros para este contrato, que suman aos 229.722 euros das obras de construción deste novo equipamento, actualmente en fase de licitación e que teñen un prazo de execución de seis meses.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reparte 17.000 euros en subvencións entre 13 entidades para o fomento de actividades a prol da igualdade
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta da resolución pola Xunta de Goberno da convocatoria de subvencións para fomento de actividades a prol da igualdade e do movemento asociativo para mulleres. En total, repartíronse os 16.998 euros da convocatoria entre 13 entidades.
CONSORCIO
O Consorcio inicia as obras no Palacio de Congresos, destinadas a evitar a entrada da auga da chuvia no interior do edificio
O Consorcio de Santiago vén de adxudicar a obra de eliminación de filtracións pluviais no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, por un importe de 124.900 euros. A empresa Francisco Gómez y Cía, S.L. acaba de comezar os traballos e prevese que as intervencións previstas no edificio estean rematadas no prazo de dous meses.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "histórico" para Santiago e para Conxo o inicio das obras do paso inferior, unha infraestrutura "imprescindible para a cidade"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de colocación da primeira pedra das obras de construción do paso inferior de Conxo, presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor. Cualificou de "histórico" para Santiago e para o barrio de Conxo este día, no que se "inicia o remate do periférico". "Comeza a conta atrás para completar unha infraestrutura imprescindible para a cidade", indicou.