CULTURA
A RFG, León Benavente, Andrea Motis, Quique González e a Banda Municipal, propostas musicais da semana
Esta semana ofrece cinco propostas musicais na programación cultural do Concello. Como é habitual cada semana, haberá concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia o xoves no Auditorio e da Banda Municipal de Música o domingo no Teatro Principal. A elas únense outras tres propostas musicais: o xoves 6, León Benavente estarán na Zona C dentro do Compostela Rock, ciclo que tamén ofrece un concerto con Quique González o sábado 8 na Sala Capitol. E da man de Sons’14 Jazz chegan Andrea Motis & Joan Chamorro Group o...
CONSORCIO
A prestixiosa violinista Carolin Widmann dará clases a novos músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a novos intérpretes. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, a recoñecida violinista alemá Carolin Widmann transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento de corda a todos os músicos galegos interesados, que poderán participar nas súas clases en calidade de oíntes.
DEPORTES
Sorteo para a Campaña de Esquí 2014
O Concello e Santiago dispón de 37 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de San Isidro (León), na quenda do 21 ao 23 de marzo de 2014.
EXPOSICIÓN
Quinta edición da Exposición da Camelia no Centro Sociocultural da Rocha
O Centro Sociocultural da Rocha Vella acolle unha nova edición da exposición dedicada á flor da Camelia os días 1 e 2 de febreiro. A mostra foi inaugurada nun acto ao que asistiron as concelleiras María Pardo e Amelia González.
DEPORTES
Primeira xornada en Santa Isabel do Campionato Galego de Grupos Show
O Pavillón Municipal de Santa Isabel acolleu a primeira xornada do XIII Campionato Galego de Grupos Show. Este foi o día no que se desenvolveu a competición de cuartetos e de grupos pequenos. O domingo, vez para os grupos xuvenís e grandes.