BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Máis do 70% da poboación compostelá está satisfeita co tempo que dispón para si mesma
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou os resultados do Diagnóstico sobre os horarios e usos do tempo da cidade de Santiago. Este estudo, que xa foi presentado á Mesa de Concertación do Pacto Local pola Conciliación, servirá como documento base para a planificación e articulación de todas aquelas medidas municipais que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
BENESTAR SOCIAL
Comezaron os obradoiros de grupo do Programa Educativo para a Erradicación da Infravivenda
O martes 2 de marzo deron comezo os obradoiros de grupo do Programa Educativo para a Erradicación da Infravivenda, que leva adiante a Concellería de Benestar Social en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.
ALCALDÍA
"Forma T" fomentará hábitos de seguridade viaria entre máis de 1.000 escolares
No marco do Programa Municipal de Educación Viaria "¿Onde está o perigo", ponse en marcha un novo programa para fomentar hábitos de seguridade e actividades cívicas entre os escolares. Chámase Forma T e nace da colaboración entre as concellerías de Educación e de Seguridade Cidadá, o fabricante de vehículos Toyota e o Real Automóbil Club de España (RACE).
ALCALDÍA
O alcalde di que "non contempla a hipótese dunha segregación de Medicina"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse esta mañá ás últimas informacións en relación á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago. "Sen entrar a valorar o documento subscrito polos tres reitores cos conselleiros de Educación e de Sanidade –dixo- o que non se contempla é a hipótese dunha segregación da Facultade de Medicina ou que esta abandone o ámbito da USC".
ALCALDÍA
A cidade acollerá en setembro un encontro de corais de toda Galicia
O 19 de setembro é a data escollida para a celebración en Santiago dunha romaría de corais de toda Galicia. Así llo indicou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o presidente da Federación de Corais Galegas, Antonio S. Rey Cornide, quen lle explicou o programa de actos previstos.
XUNTA DE GOBERNO
Santiago de Compostela liderará e coordinará o proxecto medioambiental europeo "Parkatlantic"
Deuse conta na Xunta de Goberno da selección do proxecto Parkatlantic, presentado á convocatoria do Programa europeo Interreg IV B, para o seu financiamento con fondos europeos no 65% dos seus gastos, que é a máxima colaboración que contempla este programa.
EDUCACIÓN
O Concello cederalle á Xunta unha parcela de 3.150 metros cadrados para a ampliación do colexio de Roxos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, mantiveron unha xuntanza coa ANPA e coa dirección do colexio de Roxos, que demandaban unha ampliación do seu espazo, debido ao incremento da demanda nos últimos anos.
CULTURA
O catálogo do VI Premio Auditorio reúne en formato dixital as 35 obras seleccionadas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron o catálogo do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2009. Un catálogo que, baixo a aparencia dun pequeno libro, agocha un disco compacto que recolle en formato dixital as 35 obras seleccionadas nesta edición do premio. Na mesma presentación anunciaron o gañador do último galardón do certame, o que outorga o público. Conseguiuno Joan Morera, pola súa obra...
EDUCACIÓN
Os educadores de música aprenden as técnicas da danza renacentista
Do 12 ao 14 de marzo, a Escola Municipal de Música acolle un Curso de Danza Renacentista para Educadores de Música, impartido pola profesora Eva Narejos. Trinta profesores esgotaron xa as prazas para participar neste curso, ao que tamén se poderá asistir coma oínte.
BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
A Mesa de Concertación do Pacto Local pola Conciliación coñeceu o "Diagnóstico sobre os horarios e usos do tempo"
A Casa do Concello acolleu a primeira Mesa de Concertación do Pacto Local pola Conciliación da cidade de Santiago de Compostela. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mesa, na que se presentou o Diagnóstico sobre os horarios e usos do tempo da cidade de Santiago. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, dará todos os detalles deste diagnóstico nunha rolda de prensa que se celebrará o martes 2 a partir das 11:00 horas.