COMERCIO

O comercio compostelán volve a ser protagonista no mes de marzo

04/03/2009

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o programa de actividades de Marzo, mes do comercio. Este programa ten un dobre obxectivo: dinamizar o sector despois dun intenso período de rebaixas, e darlle o protagonismo que lle corresponde polo seu peso económico e social na cidade, xa que é unha referencia de calidade tanto para os composteláns coma para a potencial clientela da área de Compostela e da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Ler máis

MULLER

O Concello homenaxea a oito mulleres que abren camiños

03/03/2009

A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou os actos que se realizarán con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o domingo 8 de marzo. O venres 6 farase unha homenaxe a oito mulleres, á que asistirá a ministra Elena Espinosa, e o domingo 8 entregarase o Premio Xohana Torres.

Ler máis
Compartir: