ACCIÓN CULTURAL
Juan Tamariz presenta "Maxia potaxia" este sábado no Auditorio de Galicia
O mago Juan Tamariz chega este sábado a Compostela para presentar o seu espectáculo Maxia potaxia, dentro da programación infantil e familiar da Concellaría de Acción Cultural. Será a partir das 20:30 h cando o poderemos ver no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 25 euros e poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com. Ademais, o propio día poderán mercarse dende as 18:00 h no despacho de billetes do Auditorio de Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
Tina Sainz, Álvaro de Luna e Juanjo Artero presentan en Compostela "El hijo de la novia"
Ados Teatroa (Euskadi) e Pentación Espectáculos (Madrid), presentan este domingo en Compostela a adaptación teatral da coñecida película arxentina El hijo de la novia. Adaptan o texto orixinal, de Fernando Castets e Juan J. Campanella, José Antonio Vitoria e Garbi Losada e, de feito, Losada dirixe tamén a obra na que poderemos ver en escena a Tina Sainz, Álvaro de Luna, Juanjo Artero, Mikel Laskurain e Sara Cozar. A obra estará este domingo, 29 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Primeira edición de Compostela Startup Clinic para emprendedores
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi a primeira edición de Compostela Startup Clinic, acción que nace dentro do programa Compostela Móvese para o impulso da cultura emprendedora e da innovación en Santiago. Na rolda de prensa participaron Beatriz González, xerente da Fundación Cidade da Cultura e Eva López, responsable do programa Woman Emprende da USC, patrocinadores do evento, ademais dun dos asesores participantes, Roberto Graña.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández continúa a rolda de contactos co obxectivo de por en marcha un protocolo municipal ante os desafiuzamentos
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuniuse cunha representación dos xulgados composteláns, encabezada polo decano dos seus xuíces, José Alvariño Alejandro. Tamén participou na xuntanza a xuíz de Familia, o xuíz do Xulgado de Instancia nº 5 e a secretaria do Servizo de Notificacións e Entrega. Tamén acompañaron á edil nesta xuntanza o secretario técnico do Colexio de Avogados de Santiago, Manuel Arza e o avogado Timoteo Gutiérrez.
TURISMO
Últimos días do Santiago(é)Tapas
A oitava edición de Santiago(é)Tapas, o concurso de petiscos de Compostela, finaliza esta fin de semana. O domingo é o último día no que os 69 locais participantes ofrecerán as 109 tapas elaboradas para a ocasión.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba un expediente de modificación de crédito por 653.000 euros
A Xunta de Goberno aprobou hoxe un expediente de modificación de crédito por un importe de 653.157,67 euros, co que o Executivo local quere facerlle fronte a unha serie de gastos que non podían ser abonados doutro xeito. O expediente terá que ser sometido agora ao visto bo do Pleno da Corporación.
FESTAS
Máis de 200 actividades conforman o programa de Nadal deste ano, con accións que chegan aos barrios e parroquias
Un total de 218 actividades conforman o groso do programa de Nadal deste 2015, con accións que se proxectarán aos barrios e ás parroquias e que está pensada para todos os públicos.
ACCIÓN CULTURAL
Últimas citas este domingo coa programación familiar "12 doces de outono"
A Concellaría de Acción Cultural conclúe este domingo, 29 de novembro, a programación 12 doces do outono. Serán tres novas achegas escénicas para público familiar combinadas coa degustación, ao remate das funcións, de doces do outono elaborados nos propios centros socioculturais polos veciños nos obradoiros previos. A entrada aos espectáculos é de balde, suxeita á capacidade das salas.
ACCIÓN CULTURAL
"Right Now, Wrong Then", mellor película e actor en Locarno, este sábado en Cineuropa
Hong Sang-Soo xa gañara en 2013 o Leopardo de Ouro á Mellor Dirección por Our Sunhi. Nesta ocasión, o premio acadado en Locarno foi o Leopardo á Mellor Película e o premio á Mellor Interpretación Masculina para Jung Jae-Young. Right Now, Wrong Then, que se atopa entre o máis sensible e divertido da notable carreira do cineasta surcoreano, narra dúas variacións dunha mesma historia, a relación entre un director de cinema e unha solitaria pintora. Emotiva e moi disfrutable, estrearase ás 21:30 h...
ALCALDÍA
Martiño Noriega amosa o seu pesar pola morte de Xosé Neira Vilas
O alcalde de Santiago visitou esta tarde a capela ardente cos restos mortais de Xosé Neira Vilas, no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. Martiño Noriega quixo expresar así os eu pesar, e o do conxunto da cidadanía de Compostela, polo falecemento do escritor.